El pleno del estado de la provincia de la Diputación aprobó este martes 30 propuestas para reactivar Ourense en la "era poscovid"

Según el presidente de la Diputación ourensana, "nada puede analizarse, entenderse o proyectarse sin tener en cuenta el impacto del Covid-19. Nunca transformación tal conocimos en tan poco espacio de tiempo", afirmó Baltar

   
 
17 de Noviembre de 2020: OURENSE DIXITAL

El pleno de debate del estado de la provincia de la Diputación de Ourense, celebrado esta vez telemáticamente, aprobó 30 iniciativas dirigidas a reactivar la provincia en la era poscovid: "nada puede analizarse, entenderse o proyectarse sin tener en cuenta el impacto del Covid-19. Nunca transformación tal conocimos en tan poco espacio de tiempo", señaló al respecto el titular de la Diputación ourensana, Manuel Baltar.

El Pleno aprobó las 14 medidas presentadas por el presidente, centradas en los ámbitos de medio ambiente, cultura, turismo y deporte, así como en los sectores estratégicos, de emprendimiento, universidad, administración e interacción con la ciudadanía; y otras 16 de resolución sobre turismo, naturaleza, equilibrio territorial, cooperación con los concellos y fondos europeos, entre otras. De estas 16, 10 son del grupo del Partido Popular, 3 del BNG y otras 3 de Ciudadanos. Tampoco en esta ocasión acudió al Pleno del debate del estado de la provincia el Grupo Provincial Socialista, cuyo portavoz, Rafael Rodríguez Villarino, cuestiona su validez.

 
Propuestas de Presidencia (14)
 

MEDIO AMBIENTE E INFRAESTRUTURAS 

1.- Atribuír a un membro do goberno provincial as competencias en materia de cumprimento e seguimento da axenda 2030. 

2.- Proxecto de xestión ambiental integral: a Deputación de Ourense co-liderará un proxecto de economía circular que, ademais de innovación, crecemento económico e mellora do impacto ambiental no noso territorio, ofrece unha solución para a xestión de residuos en liña, con tres ámbitos de actuación: planta de biometanización, planta solar fotovoltaica e planta de obtención de hidróxeno verde. A Unión Europea ten instaladas con esta tecnoloxía algo máis de 700 plantas de produción de biometano, das cales en España hai 5 e en Galicia ningunha. Neste sentido, Manuel Baltar expresou que Ourense “volverá ser referente en innovación e aproveitamento dos nosos recursos; o goberno  provincial volve a situarse como actor principal a hora de captar e facilitar proxectos empresariais no territorio, que fagan que este evolucione pero sen perder a nosa esencia”. Os datos económicos e socioeconómicos do proxecto, financiados desde o sector privado, son os seguintes: 21 millóns de euros, 20 empregos directos e 100 empregos indirectos. 

 

CULTURA 

3.- Posta en marcha da web da cultura de Ourense da man do sector: axenda, axudas, convocatorias, foros, etc. 

4.- Exposicións: “De Nós a nos”, coa Xunta de Galicia; “Alfonso X o Sabio de Galicia”, co Consello da Cultura Galega. 

5.- Inventariado e catalogación dos bens culturais da Fundación Santamaría-Temes  , 900 pezas que integran os fondos da colección artística e pictórica de Angelita Varela. A Esta colección poderá ser visualizada na exposición que patrocinará a Deputación de Ourense. 

 

TURISMO E DEPORTE. OURENSE COMO SEDE 

6.- Observatorio Mundial do Termalismo. 

7.- Implantación en 2021 do proxecto Destino Turístico Intelixente: “Hai un Ourense para ti. Descúbreo”. 

8.- Centro de interpretación do Camiño de Santiago no edificio de Correos. 

9.- Centro Galego de Tecnificación do Hóckey. En xaneiro celebrarase no pazo dos deportes “Paco Paz” o Campionato europeo feminino de seleccións. 

 

SECTORES ESTRATÉXICOS, EMPRENDEMENTO E UNIVERSIDADE 

10.- Maior protagonismo da Deputación e do Inorde en Tecnópole. 

11.- Nova etapa do Inorde, orientado cara á xestión de proxectos para a recuperación, transformación e resiliencia de Ourense. 

12.- Convenio coa UNED para actividades formativas de asesoramento e investigación sobre emprendemento rural. Reforza o proxecto EmprendOU, liderado pola Deputación de Ourense, neste intre con 113 proxectos aprobados en Xunta de Goberno. 

 

ORGANIZACIÓN ADMINISTRATIVA E INTERACCIÓN CO CIDADÁN 

13.- Renovación da web corporativa e do portal de transparencia da institución, seguindo a ser pioneira como coa “Xornada sobre Compliance” que organizaremos coa Fundación Democracia e Goberno Local. 

14.- Potenciar á atención ao cidadán mediante un sistema de cita previa e mesmo por videochamada. Seguir traballando na automatización robótica de procesos. Nesa liña estamos a traballar para dotar a Deputación dun sistema accionable de información (SiaOU) que permita crear e compartir comunicacións interactivas e actualizables en tempo real, para que os cidadáns teñan acceso durante as 24 horas ás nosas actuacións, mediante fontes de información directas, áxiles e nun formato amigable, o que permitirá tamén que as súas opinións podan ser tidas en conta na construción de novas propostas

 
Propuestas de resolucion aprobadas (16)
 

EQUILIBRIO TERRITORIAL

1.- Xestionar diante da Xunta de Galicia a ubicación na provincia de Ourense de proxectos autonómicos que opten aos fondos europeos “Next Generation”. 

 

TURISMO DEPORTIVO 

2.- Fornecer a posición de liderado da provincia en deportes náuticos con infraestruturas deportivas en Laias, Arnoia e Castrelo de Miño coa “Coupe de la Jeunesse” de 2022 como evento catalizador. 

 

HOMENAXE AO PAI MIÑO NA PROVINCIA TERMAL 

3.- Centro de interpretación do río Miño no Concello de Toén, establecendo conversas coa Confederación Hidrográfica do Miño-Sil para sumala a este proxecto. 

 

NATUREZA E LECER COMO MOTOR ECONÓMICO COMARCAL 

4.- Abrir unha nova etapa de xestión en Meisa, coa desestacionalización como obxectivo de mellora permanente e a identificación coa comarca. 

 

COOPERACIÓN COS CONCELLOS E FONDOS COMUNITARIOS 

5.- Creación do programa “Ourense provincia biosostible”, que axudará aos concellos a captar fondos do programa “Green Deal”, dotado con 1.000 millos de euros 

 

SEGURIDADE PERSOAL E TECNOLOXÍA 

6.- Aplicación “VOUCONTIGO”, para axudar á veciñanza en situación de risco por maltrato, asalto ou agresión sexual. Ante unha potencial situación de emerxencia ou risco para a vítima, un grupo de contactos predefinidos da persoa agredida terá coñecemento inmediato do problema. 

 

VIVENDA E DEMOGRAFÍA 

7.- Plataforma informática provincial, en colaboración cos concellos, como escaparate de vivendas en disposición de ter vida no rural (para alugar ou vender). 

 

MAPA PROVINCIAL DE MERXENCIAS 

8.- Obxectivo de funcionamento dos GES: aplicar en 2021 a porcentaxe de financiamento (Xunta de Galicia, 52,5%; Deputación 40%; e concellos 7,5%) aos custos reais anuais. 

SEGURIDADE VIARIA 

9.- Converter a rede viaria provincial nunha vía escolar segura (Preto de 30 CEIP teñen acceso directo a vías provincias). 

RACIONALIACIÓN ADMINISTRATIVA 

10.- Metodoloxía “Lean” aplicada á simplificación administrativa e reenxeñería de servizos da Deputación, en consonancia cos traballos da carta de servizos e co liderado nacional en transparencia dos gobernos provincias. 

 

TECNOLOXÍA 

11.- Requerir á Xunta de Galiza e o Estado para tomar as medidas cara a extensión da fibra e/ou redes de internet con suficiente capacidade para traballar e estudar dignamente no rural da provincia de Ourense, máis aínda na situación que estamos a padecer. 

 

SANIDADE 

12.- Reclamar con maior forza e urxencia, se cabe, ante a Xunta de Galicia, o mantemento e mellora duns servizos sanitarios públicos de calidade. Tanto na atención primaria (que debe voltar a ser presencial en todo aquilo que non sexan meros procesos administrativos) como na hospitalaria. 

 

PROXECTOS EUROPEOS 

13.- Establecemento de liñas áxiles e abertas de colaboración cos concellos da provincia, que co liderado da Deputación poidan acceder a fondos e proxectos europeos. O que permitiría a posta en marcha de medidas de recuperación e colaboración co tecido socioeconómico de Ourense, de tal xeito que se active e reforce a capacidade produtiva do territorio nos sectores primarios, industriais e terciarios, con especial fincapé nos ligados ó comercio e hostalaría que tanto están a padecer a situación xerada polo Covid-19. E ó tempo, grazas os factores diferenciais que atesouramos en elementos patrimoniais, culturais e medioambientais poidan ser un sector clave na ansiada recuperación. Sempre que se establezan proxectos estratéxicos de desenvolvemento sustentables, acompasados cos fondos europeos que deben de achegarse prioritariamente a pequenas empresas e autónomos. 

 

CULTURA 

14.- Solicitar do Pleno da Deputación un apoio continuo á cultura e a tódolos sectores que fan posible calquera evento a través do proxecto “Cultura na rúa”. Programa de organización de distintos eventos repartidos por tódalas comarcas da nosa provincia durante os próximos meses. 

 

VIVENDA 

15.- Solicitar de novo ao Pleno da Deputación que acorde a posta en marcha dunha iniciativa piloto dun proxecto de Cohousing-Vivenda colaborativa nunha das nosas aldeas, implicando a tódalas Administracións. 

 

TURISMO 

16.- Solicitar do Pleno da Deputación que leve a cabo un proxecto definitivo para a estación de montaña de Manzaneda. Reestruturación e posta en valor. 

 
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
     
     
 
     
 
Imprimir Página
 
     
 
 
     
     
     
 
HACE HOY UN AÑO
18, Lunes

 
     
     
     
 
 
 
LO + LEÍDO en Octubre de 2020
 
  La Xunta restringe la movilidad en Ourense y Barbadás y mantiene el veto a las reuniones de no convivientes
 
  La Xunta endurece a partir de este jueves las medidas en concellos de las comarcas de O Carballiño y Monterrei
 
  Una sentencia del Supremo cuestiona la alcaldía de Viana do Bolo y la dedicación exclusiva del tránsfuga de Castrelo
 
  Dos nuevos brotes en residencias de mayores contabilizan más de centenar y medio de nuevos contagios
 
  Pérez Jácome al PP: "pueden volver al gobierno, pero no con los tránsfugas", afirmó este sábado
 
  Nadie podrá reunirse con nadie en la capital ourensana si no convive con esa persona
 
  Ferraz parece no ver claro un gobierno de tantos en Ourense, y pide al PP que concrete el cuadro de actores
 
  De momento el toque de queda en Galicia se mantiene en la franja de las 23:00 a las 06:00
 
  La Xunta dispone un cribado masivo de Covid-19 en Ourense con test rápidos en las farmacias