AS REUNIÓNS LIMÍTANSE SÓ ÁS PERSOAS CONVIVINTES EN TODO O CONCELLO DE OURENSE EXCEPTO NO ÁMBITO ESCOLAR, LABORAL E ADMINISTRATIVO
- Pese as restricións sostidas ao longo de setembro a Área Sanitaria é a única de Galicia na que continúan a aumentar os contaxios
- En Ourense hai hoxe 850 casos activos 85 persoas afectadas mais que onte, con 82 delas ingresadas e 10 na UCI
- O Concello de Ourense concentra mais do 50% de contaxios da provincia cunha taxa que ronda 300 casos
- Continúa medrando a incidencia entre os maiores de 65 anos que se achega ao 30% dos contaxios
Ourense, 2 de outubro de 2020.- Pese as restricións adoptadas, desde o inicio de setembro os contaxios de Covid continúan medrando na Área Sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras, e moi especialmente no concello de Ourense, coa maior taxa de incidencia entre as sete grandes cidades galegas, moi por riba da taxa galega, e 850 casos activos na provincia na que, a día de hoxe, temos a 82 persoas ingresadas e seis pacientes na UCI.
Por elo, tras escoitar as recomendacións do Subcomité de Gromos do Comité Clínico sobre a evolución epidemiolóxica nestre concello,a Consellería de Sanidade ven de decidir restrinxir as reunións de persoas só a convivintes, fora do ámbito laboral e escolar. Eido no que se están a dar o maior número de abrochos, a meirande parte no núcleo familiar afectando a persoas de mediana idade, menores e familiares achegados, como avós e tamén amigos, tanto no ámbito privado como público.
As novas medidas concretaranse esta tarde coa publicación da orde no Diario Oficial de Galicia, e entrarán en vigor a partir da medianoite. Asemade decidiuse manter o nivel de restricións en vigor tanto no barrio de O Couto como nos Concellos de Verín e O Barco de Valdeorras.
Outro dato valorado polo Subcomité é a taxa de ingresos, e a idade media media dos afectados, tanto dos qie precisan ingreso como dos que se siguen a domicilio.
Protexer a toda a familia limitando os contactos
Para o éxito de todas elas é esencial o compromiso e solidariedade da cidadanía, para trasladalas tamén ao terreo privado, como medio de autoprotección e barreira fronte ao virus e os mais vulnerables, cortando así a cadea de transmisión. Para elo, é imprescindible limitar os grupos e reducir os contactos sociais aos esenciais.
Outro criterio moi importante é actuar precozmente ante a detección de calquera síntoma compatible coa COVID: tose, dificultade para respirar, febre, malestar gastrointestinal ou falta de olfacto e gosto. Ante a coincidencia de dous destes signos chamar inmediatamente ao Centro de Saúde e limitar os contactos ata recibir instrucións. |