A Memoria do 2010 da Policía Local de Ourense reflexa unha cidade que, ademáis de ser segura, tamén o parece
 
16.241 chamadas, 2.055 informes técnicos e oficios (365 licenzas de apertura e actividade), 1.909 partes e 7.516 expedientes tramitados. Son os números grosos que manexa a Memoria de 2010 da Policía Local de Ourense. En calquera caso, números para unha cidade tranquila que non só o é senón que tamén o parece, sinalou o superintendente xefe da PL de Ourense
 
 
 
 
 
8 de ABRIL de 2011: OURENSE DIXITAL

A Policía Local de Ourense atendeu un total de 16.241 chamadas,  na súa meirande parte referidas a problemas de tráfico, xestionou un total de 2.055 informes técnicos e oficios (365 licenzas de apertura e actividade), emitiu 1.909 partes e tramitou 7.516 expedientes.
Un “inxente traballo administrativo que a Policía Local desenvolve froito da súa estreita colaboración con Concello, transversal en cada un dos departamentos” e onde destacan como as de maior actividade Medio Ambiente, Comercio e Urbanismo, sinalou este xoves o concelleiro de Seguridade do Concello de Ourense, Fernando Varela.
138 axentes conforman na actualidade o corpo da Policía Local en Ourense, unha cifra que “aínda que insuficiente”, apuntaba o Superintendente Abelardo Ulloa, está a aumentar nos últimos anos. Neste sentido o Concelleiro de Seguridade, Fernando Varela explicou que “en 2008 sairon 6 prazas, outras 6 en 2009 e no 2010 8 novas prazas que se cubrirán este ano”.
No tocante a recursos materiais “o balance e bó”, se dixo, tanto no referente ao parque móbil como a dotación informática. Recentemente a Policía Local vén de incorporar un servizo de PDAs a disposición dos axentes de cara a axilizar os trámites.

No tocante aos servizos prestados pola Policía Local, Fernando Varela explicou que a xestión do tráfico ocupa o primeiro lugar, xa que delitos como roubos ou actos vandálicos son por fortuna pouco comúns en Ourense. “Segundo datos da Subdelegación de Goberno – explicaba o Superintendente Xefe – Ourense é unha das cidades máis seguras do Estado en canto número de delitos por habitante”.
En 2010 rexistrarónse 125 actos vandálicos, 588 comparecencias, 42 detencións, 1636 intervencións por delitos contra a propiedade intelectual e só 3 intervencións por armas e drogas.

Especial atención recibe o tratamento e atención a violencia de xénero, con 15 detencións en 2010.
Aquí Fernando Varela explicou que a Policía Local conta cun axente con adicación exclusiva neste ámbito: o seguimento diario de víctimas suma 4.272 casos e 3.818 corresponden a seguimento e control telefónico.

No que corresponde  a xestión do tráfico, o edil nacioanalista fixo fincapé na “prevención e educación, que é a nosa máxima prioridade política cando falamos de seguridade vial”.
Deste xeito, durante o 2010 a Policía Local desenvolveu 3 campañas en colaboración coa Dirección Xeral de Tráfico correspondentes ao uso do teléfono móbil ao volante, a seguridade no transporte escolar e o control de motocicletas.
Así mesmo, destaca a actividade do Parque Infantil de Tráfico, no que participaron máis de 4.000 rapaces e rapazas de 26 colexios da cidade e 40 da provincia.  En materia de seguridade vial entre os máis cativos Fernando Varela destacou así mesmo a colaboración coa Concellería de Educación na implantación do “Camiño Escolar”.

No apartado de multas e sancións, Fernando Varela destacou que “a pesares de que só aumento un 13% o numero de sanción a recaudación aumentou máis dun 40%”, un incremento que corresponde a tramitación e seguimento de expedientes en gran medida. O guindastre municipal tatendeu un total de 8.0007, na súa meirande parte por estacionamento indebido e obstaculización do tráfico.

Facendo balance do pasado 2010 o Concelleiro de Seguridade fixo fincapé na entrada en vigor da nova Ordenanza Municipal de Tráfico, “unha ferramenta coa que darmos outro enfoque ao tránsito da nosa cidade” e da que destacou a sinalización de entradas á Zona Histórica, a nova Zona 30 implantada en Seixalbo, a ubicación de novas zonas para estacionamento de bicicletas ou a promoción do uso da bicicleta. 

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA
 
 
 
HACE HOY UN AÑO 7, JUEVES
 
La Guardia Civil detuvo en Ibiza al presunto autor de la muerte de la joven de Viana do Bolo, Montserrat Martínez
El Índice Económico Comarcal de Ourense dibuja un mapa de la provincia inconexo y poco homogéneo
La UGT denuncia que el Concello aprobó modificar la RPT del Consello de Deportes sin acuerdo alguno
El Partido Popular propone al Concello “apremiar” a la CHM-S con la nueva Depuradora de Reza
Medio Ambiente aspira a cerrar legislatura con 25 kms. de tubería de la capital ourensana repuestos
 

 

Añade OuD a tu Google