Presentada en Ourense a guía contra o maltrato de maiores ou persoas con discapacidade
 
Presentouse este martes en Ourense unha guía de actuación coordinada contra o maltrato de maiores ou persoas adultas con discapacidade. A guía permite coordinar as actuacións dos axentes implicados co fin de garantir unha atención "rápida e especializada". Sinalan os autores da mesma que "actuarase para cumprir un triplo obxectivo fronte ao maltrato: previlo, detectalo e atendelo"
 
 
 
 
 
30 de NOVEMBRO de 2011: OURENSE DIXITAL

O Delegado Territorial da Xunta en Ourense, Rogelio Martínez, acompañado polo Xefe Territorial da Consellería de Traballo e Benestar, José Selas, foi o encargado de inaugurar este martes as xornadas nas que se da a coñecer  a guía de actuación coordinada contra o maltrato de maiores ou persoas adultas con discapacidade a máis dun cento de profesionais deste sector.
As xornadas, que comezaron en Santiago de Compostela e que rematan en Ourense, teñen como obxectivo dar a coñecer esta ferramenta, a primeira destas características de ámbito autonómico que existe en España convertendo así a Galicia en “pioneira na abordaxe concreta dunha realidade que non sempre sae á luz, que é de difícil detección e que precisa dunha actuación especialmente metódica e protocolizada”, sinalou Martínez.

“A iniciativa servirá para informar de forma detallada aos profesionais do sector sobre cal é o protocolo de actuación de cada un dos axentes implicados ante unha situación ou sospeita de maltrato e os documentos que teñen que utilizar para dar conta da situación a outros axentes ou para solicitarlles información ou a súa intervención”, asegurou o delegado da Xunta en Ourense.

Concebido como un instrumento de apoio aos profesionais, a guía conten diversa información. Así, nela pódese atopar unha selección de normativa de aplicación que serve de marco legal e xurídico; e tamén un marco teórico coa definición de maltrato e os indicadores para detectalo.
O documento tamén inclúe esquemas de actuación, os mecanismos a través dos que se poden comunicar estes casos; e, ademais, contén modelos de comunicados e solicitudes oficiais destinados a solicitar a intervención de distintos axentes; como as forzas de seguridade, a Fiscalía ou a Xunta.

Esta ferramenta cumprirá, ademais, a función de coñecer e rexistrar a incidencia real deste comportamento en Galicia, ao poder funcionar a modo de rexistro único. Ata o momento, non había un instrumento claro de comunicación, polo que non se rexistraban debidamente todos os casos.

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA
 
 
 
HACE HOY UN AÑO 30, MARTES
 
Listo el Ourense Wifi para acceder libremente a Internet desde 31 puntos de esta ciudad a partir del 1 de diciembre
El Concello quiere sacar a Ourense del penúltimo lugar de hogares con acceso a Internet
Noche de complicaciones en las carreteras de la provincia al empezar a nevar la tarde de este lunes
La Universidade Popular del Concello de Ourense, mención honorífica del “Miguel Hernández” de Educación
Las Fervenzas de Tourón serán el año que viene un lugar más seguro sin perder su atractivo natural