Aberto o prazo de inscrición nas actividades de verán dos Centros Cívicos do Concello de Ourense
 
Comezou o prazo de inscrición nas actividade de verán dos Centros Cívicos do Concello de Ourense. Terán lugar os meses de xullo de agosto de luns a venres, e o prazo de inscrición rematará o día 22 deste mes de xuño. Trátase dunha oferta para os escolares de Infantil e Primaria da cidade
 
 
 
 
14 de XUÑO de 2011: OURENSE DIXITAL

Os nenos ourensáns de Educación Infantil e Primaria interesados en participar nas actividades de verán que ofrece a Rede de Centros Cívicos do Concello de Ourense xa poden efectuar a súa inscrición, o que poderán facer  ata o vindeiro mércores 22 de xuño., sergundo informa este luns o Concello de Ourense.
O Concello recorda que a oferta de actividades inclúe contacontos, manualidades, baile, música ou xogos, que xirarán en torno a diversos temas propostos polos Centros Cívicos, e que variarán segundo as datas escollidas.
O obxectivo pretendido pola Concellería de Benestar Social coa posta en marcha das actividades consiste no fomento da relación entre os nenos, que desfrutarán realizando actividades lúdicas e formativas á vez que descubren as instalacións dos propios Centros Cívicos.
Os cursos terán lugar de luns a venres entre as 10:30 h e as 13 h., e os seus contidos divídense en catro períodos (4-15 xullo, 18-29 xullo, 1-12 agosto e 16-26 agosto), nos que se afondará sobre diversos temas:

Centro Cívico A Ponte (Eulogio Gómez Franqueira) e Centro Cívico Casco Vello (rúa Colón):

  • 4 a 15 de xuño: Medios de transporte
  • 18 a 29 de xuño: Intercultural
  • 1 a 12 de agosto: Educación vial e vida na cidade
  • 16 a 26 de agosto: Medios de comunicación

Centro Cívico As Termas (Praza 200) e A Cuña:

  • 4 a 15 de xuño: Animais
  • 18 a 29 de xuño: Mundos de fantasía
  • 1 a 12 de agosto: Medioambiente
  • 16 a 26 de agosto: Vivencia de valores: amistade, tolerancia ou igualdade.

As persoas interesadas poden realizar a súa inscrición nos propios Centros Cívicos.

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA
 
 
 
HACE HOY UN AÑO 12, SÁBADO
 
Las bases del BNG en Ourense apoyan a Isabel Pérez y disponen el principio del fin de la Tenencia de Alcaldía
Ganó la lista más plural y abierta frente a la de Máis Galiza con incrustaciones irmandiñas
La Tenencia tendrá que asumir completar la legislatura sin visos de continuidad en la próxima
Carmen Acuña dice que en la sanidad ourensana quien tiene mando prefiere no tenerlo y dimite
O documental da viaxe de “Pallasos en Rebeldía” a Palestina pecha xira galega en Ourense este sábado
 

 

Añade OuD a tu Google