Ourense acolle este sábado a festa de clausura do xira do documental da viaxe de “Pallasos en Rebeldía” a Palestina. A proxección será ás nove da noite na Praza de San Martiño. Neste lugar, a partires das oito da tarde, actuará o clown galego Peter Punk co espectáculo que gañou o Certame Intergaláctico do Festival Mundoclown Vigo 2008. Marta Arribas, concelleira de  Xuventude e Voluntariado, destacou na presentación que "un dos obxectivos que me plantexo dende as áreas que dirixo é sensibilizar á cidadanía cos conflictos sociais e políticos, que a nivel internacional producen desigualdades, precariedade e inxustiza social"

 
 
O documental da viaxe de “Pallasos en Rebeldía” a Palestina pecha xira galega en Ourense este sábado
 
12 de JUNIO de 2010: OURENSE DIXITAL
   

O Concello de Ourense presentou este venres o proxecto “Festiclown Palestina 2010” e as actividades que se desenvolverán este sábado como peche á xira que os  levou esta semana por Pontevedra, Lugo, Ferrol, A Coruña, Santiago de Compostela e Vigo. Marta Arribas, concelleira de  Xuventude e Voluntariado, destacou na presentación que "un dos obxectivos que me plantexo dende as áreas que dirixo é sensibilizar á cidadanía cos conflictos sociais e políticos, que a nivel internacional producen desigualdades, precariedade e inxustiza social".
Asimesmo, Arribas, fixo fincapé  na necesidade de que "dende as institucións municipais nos posicionemos e denunciemos estas situacións vergoñentas que fan sufrir a moitas persoas en todas as partes do mundo"

Pola súa banda, Iván Prado, en representación do colectivo “Pallasos en rebeldía”, expuxo as liñas maestras do Primeiro Festival Internacional de Clown que aspira a realizar en Palestina este outono, un proxecto do que sinalu que "o corazón do Festiclown é o seu aspecto solidario". O artista no dubidou en criticar a situación no país árabe e sinalou que "o muro de Cisxordania pesa sobre a conciencia de todo o mundo".
Describiu aos integrantes do Festiclown como "un exército de soñadores que levan a liberdade en forma de risa, en forma de nariz de payaso" e cuxos únicos mortos “son mortos de risas”. Orgulloso de liderar “o corpo de élite da esperanza" transmitiu unha clara mensaxe: "A humanidade non lle da a espalda as palestinas e aos palestinos.”

En canto á súa recente expulsión de Israel cando intentaba chegar a Palestina para continuar coa organización do Festival, Iván Prado lembrou que "a risa é o mellor alimento para a esperanza, e un pobo con esperanza é un pobo libre", unha circunstancia que o Goberno israelí non está dispuesto a permitir.

 
 
 
Volver atras
Imprimir Página