Presentada no Concello de Ourense a 13 edición do Xantar que se celebrará do 1 ao 5 de febreiro
 
"Sabemos que a gastronomía é un dos elementos mellor valorados polos nosos turistas, e que ademáis xoga un papel fundamental á hora de elexir Ourense como destino de lecer”, sinalou a titular de Turismo do Concello, Isabel Pérez, ao presentar este mércores a 13 edición do Xantar coa que volve a colaborar nesta edición o Concello de Ourense a través da Concellaría de Isabel Pérez.
 
 
 
 
 
26 de XANEIRO de 2012: OURENSE DIXITAL
O Salón de Plenos do Concello de Ourense acolleu este mércores a presenación do Xantar 2012, certamen que volve a contar co apoyo da Concellaría de Turismo do Concello de Ourense, que entende que "centra os seus esforzos na posta en valor da gastronomía como reclamo turístico de primeiro nivel".
"Sabemos que a gastronomía é un dos elementos mellor valorados polos nosos turistas, e que ademáis xoga un papel fundamental á hora de elexir Ourense como destino de lecer”, sinalou a titular de Turismo do Concello, Isabel Pérez.

Tamén explicou que a aposta fundamental deste ano é a calidade asociada aos establecementos da cidade, xa que os restaurantes ourensáns acadan as mellores puntuacións en canto a niveis de satisfacción.
A Concellería de Turismo repite presenza en Xantar cun stand propio, como ven sendo habitual. Desta forma búscase a promoción dos atractivos da cidade no seu conxunto, facendo especial fincapé na gastronomía, coas propostas da guía de restaurantes e a ruta de pinchos na Cidade Vella. Nesta cuestión, hai que subliñar a presenza, no propio recinto feiral, dun restaurante propio do Concello de Ourense cun menú arredor da festividade do Entroido así como a adhesión de 16 establecementos de Ourense e a provincia ao Salón, o cal supón unha mostra da presenza da gastronomía ourensá na oferta de Xantar.

Pola súa banda, o Vicepresidente Executivo de Expourense, Celso Barbosa, destacou a importancia dos diversos paquetes turísticos que teñen como obxectivo fomentar a asistencia de público de fóra da provincia a visitar Ourense, conseguindo desta forma, reforzar un dos obxectivos da cita: promocionar o turismo a través da gastronomía. Sobre esta cuestión falou tamén o Xerente de Expourense, Alejandro Rubín, subliñando que todos os visitantes que acudan a Xantar en tren dende calquera parte de España terán un desconto do 30%, algo que inclúe tamén a alta velocidade con ofertas especiais para visitar a nosa cidade dende A Coruña e Santiago de Compostela. O invitado especial deste ano serán as illas Azores, que a través das súas Cámaras de Comercio, terán especial protagonismo ao longo de todo o salón gastronómico.

Nesta XIII edición participan un total de 19 restaurantes que ofrecerán un total de 30 menús de Galicia, Andalucía, Estremadura, Castela – León e rexións turísticas de Portugal, tal e como se citou anteriormente.

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA
 
 
 
HACE HOY UN AÑO 26, MIÉRCOLES
 
Los trabajadores del Hospital de Piñor alertan de que peligra Medicina Interna con el traslado de Toén
Los trabajadores del Hospital de Toén anuncian que no se van y que el Psiquiátrico ha de seguir aquí
Las riadas de enero causaron daños en el paseo fluvial del Arenteiro en Carballiño de unos 100.000 euros
El PP acusa al Gobierno de Ourense de gastar 50 millones más en 2010 sobre los 107,4 presupuestados
Los 16 concellos de Ourense que disponen de GRUMIR podrán este año contratar ya en el mes de febrero