Sorteáronse este venres os cheques desconto aos usuarios das sete prazas de abastos da provincia
 
Nas sete prazas de abastos que hai na provincia de Ourense, tiveron lugar este venres os sorteos dos cheques desconto aos consumidores . Deste xeito, 21 deles foron premiados no que fixo o segundo sorteo desta campaña coa que se pretende dignificar e promovela figura dos praceiros ourensáns. O delegado da Xunta en Ourense salientou a importancia deste tipo de campañas para incentirvar o consumo e dinamizar o pequeno comercio galego
 
 
 
 
 
21 de XANEIRO de 2012: OURENSE DIXITAL
A Consellería de Economía e Industria, a través da súa campaña “Este inverno, presume de praceira/o”, levou a cabo este venres sete sorteos de cheques de desconto de ata 75 euros en cada unha das 7 prazas de abastos participantes na provincia de Ourense (mercado municipal de Celanova, O Barco de Valdeorras, o Carballiño, Ourense, Ribadavia, Xinzo de Limia e a Nº2 de A Ponte). Deste xeito, foron premiados un total de 21 consumidores ourensáns que elixiron as súas praceiras e praceiros favoritos.
O Delegado Territorial da Xunta en Ourense, Rogelio Martínez, puido constatar na Praza de Abastos núm. 1 da capital ourensá o éxito acadado por esta campaña de dinamización do pequeno comercio que se vén desenvolvendo desde o pasado día 10 de novembro en 89 prazas de toda Galicia, e na que a Consellería realizou un investimento de máis de cen mil euros.

Segundo a delegación Territorial da Xunta en Ourense, o obxectivo desta iniciativa é impulsar e visualizar o noso consumo nos mercados municipais galegos, así como potenciar a figura profesional das praceiras e praceiros. “Son traballadores que garanten un servizo profesional e personalizado, ademais de ofertar  produtos fresco de alimentación, especialmente galegos, e que son dunha altísima calidade”, sinalou o Delegado Territorial da Xunta en Ourense.
Nesta campaña, ademais do sorteo de cheques de desconto entre os consumidores, a Consellería pretende recoñecer a figura destes traballadores a través da posta en marcha dunha votación do profesional mellor valorado, para o que foi necesario a colaboración dos clientes.

En cada un dos mercados municipais participantes o procedemento foi o mesmo: cada praceira e praceiro entregou un cupón por compra aos seus clientes para que puidesen participar na campaña e no que, ademais dos seus datos, quedou reflectido o seu voto á mellor ou ao mellor profesional. Neste segundo sorteo, resultaron premiadas tres participacións con bonos de desconto de 25, 50 e 75 euros, que se poderán utilizar no propio mercado. Nestes sorteos determínase tamén a praceira ou praceiro preferido polos consumidores de cada mercado.

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA
 
 
 
HACE HOY UN AÑO 21, VIERNES
 
La Audiencia de Ourense retrotrae la denuncia de la perrera de Carballiño a la práctica de las pruebas
El CHOU dice haber situado en 2010 la espera media para cirugía en 47 días y en 44 para una consulta
En la FITUR, el Xantar anuncia que ofrecerá “el primer olor y sabor del Entroido” ourensano
La CHM-S anuncia para febrero el comienzo de las obras de mejora hidráulica en Piñor de Cea
Intentó atracar una sucursal bancaria porque está en el paro y necesitaba dinero