Ourense revive este 31 de outubro a Festa do Samaín, unha celebración de orixe céltico
 
As cabazas volverán a tomar as rúas do Ourense vello este luns, 31 de outubro, para a Festa do Samaín. Ás 19:00 Hs. sairá o desfile do Samaín da Praza da Imprenta desta cidade, e a concelleira de Cultura, Isabel Pérez, remarcou que esta festa non é algo que Ourense importe doutros lugares, "senón que exportamos ao mundo, como parte do noso acervo cultural"
 
 
 
 
 
31 de OUTUBRO de 2011: OURENSE DIXITAL

As cabazas volverán tomar as rúas da Cidade vella de Ourense este luns, 31 de outubro, no tradicional desfile de Samaín que organiza outro ano a Concellería de Cultura do Concello de Ourense. O departamento que dirixe a nacionalista Isabel Pérez, convida aos veciños e veciñas da cidade, especialmente os máis cativos, a revivir esta celebración de orixe céltica que forma xa parte do patrimonio inmaterial galego.
A Praza da Imprenta será o punto de partida do desfile, e a concelleira e tenente de alcalde sinalou que o Samaín e este desfile non son algo que Ourense importe doutros lugares, "senón que exportamos ao mundo, como parte do noso acervo cultural".

A ruta marcada para este ano decorrerá, a partir das 19:00 Hs.,  pola rúa Colón, Praza Maior, rúa da Paz, praza do Ferro, Fornos, praza dos Suaves, praza do Trigo e Rúa Hernán Cortés para rematar na praza de San Marcial. O fin de festa correrá a cargo do asociación "A Run run" que ofrecerá un espectáculo para os máis pequenos.
A Tenente Alcalde destacou na presentación deste Samaín do 2001 o “compromiso común” de axentes privados e goberno local por manter a oferta festiva e cultural de pasados anos, amosando a súa disposición “a seguir traballando para que teñan continuidade a pesar dos tempos complicados que estamos a vivir”.

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA
 
 
 
HACE HOY UN AÑO 30, SÁBADO
 
El secretario del PSdeG anuncia en Ourense el Pacto Antitransfuguismo Galego que pasará a la firma de PP y BNG
El alcalde dispone los mismos servicios mínimos en la huelga de la limpieza de Ourense que el 29-S
El Sil empieza a recuperar su caudal con la cota de embalsado de Santo Estevo en los 216 metros
La oposición no logró convencer al Gobierno de la Deputación de siquiera protestar la Lei de Augas
El avance de las obras de Os Remedios y otras de urbanización las hará el Concello con fondos propios