Ourense ven de promocionarse como destino turístico no Festival Nacional de Portugal celebrado en Santarém
 
Galicia e Ourense veñen de promocionarse como destino enogastronómico no Festival Nacional de Portugal celebrado esta fin de semana en Santarem. A participación galega neste certame estivo coordinada por Expourense e por Xantar. O xerente de Expourense sinalou que a presenza en Santarém servirá, ademais de para facilitar unha plataforma aos produtos agroalimentarios galegos, para reforzar Galicia e Ourense como destino mediante a comercialización dun paquete turístico de estancia na cidade de Ourense.
 
 
 
 
 
5 de NOVIEMBRE de 2012: OURENSE DIXITAL

Galicia, e dun xeito protagonista a cidade e a provincia de Ourense, participou un ano máis como país convidado no Festival Nacional de Gastronomía de Portugal celebrado en Santarém esta fin de semana. Trátase un evento de exaltación e promoción da cociña que dende o 26 de outubro e ata o 4 de novembro está a celebrar a súa 32ª edición, e constitúe a cita máis importante a nivel gastronómico de todos cantas se celebran en Portugal, cunha media de asistencia superior ás 60.000 persoas procedentes de todo o país.

A participación galega neste certame estivo coordinada por Expourense e por Xantar, Salón Galego de Gastronomía e Turismo e conta coa colaboración da Xunta de Galicia, do Concello de Ourense, do Consello Regulador da D.O. Ribeiro, do Eixo Interior e do Instituto Ourensán de Desenvolvemento Económico.
Os actos do Día de Galicia comezaron cunha presentación de Galicia e Ourense como Destino Turístico Enogastronómico. O director xerente de Expourense e director de Xantar, Alejandro Rubín, comentou nesta rolda de prensa que Xantar mantén un convenio de cooperación co Festival. Esta presenza, ademais de facilitar unha plataforma para os produtos agroalimentarios galegos, servirá para reforzar Galicia e Ourense como destino mediante a comercialización dun paquete turístico de estancia na cidade de Ourense ou nun hotel balneario na Ribeira Sacra e a degustación dun menú nun dos restaurantes da vindeira edición de XANTAR, canalizado a través de axencias de viaxes pola maiorista Costas Galicia.

O director de XANTAR estivo acompañado nesta presentación polo presidente da Rexión de Turismo Liboa e Vale do Tejo, Joaquim Rosa do Ceu, quen confirmou a presenza desta rexión na vindeira edición de Xantar. Representando a Santarém, participou o seu tenente alcalde, Antonio Valente. A representación galega completouse coa presenza do delegado territorial da Xunta, do xerente de INORDE, do presidente do Consello Regulador do Ribeiro e do vicepresidente da Cámara de Comercio de Ourense.

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA
 
 
 
HACE HOY UN AÑO 5, SÁBADO
 
La línea del AVE entre Zamora y Ourense tiene ahora mismo 147 kilómetros en construcción
El PSOE acusa al PP y a la Xunta de estar destruyendo empleo masivamente en los servicios sociales
Baltar Blanco recuerda que el PSOE vuelve a tener el paro donde se lo dejó al anterior gobierno del PP
El CMD aclara que el Club Ciclista está inhabilitado para recibir subvenciones del Concello
El Liceo acoge desde este lunes l a"XXI Exposición San Martiño" de la Sociedade Miño