A Fundación Vicente Risco anuncia a chegada a Allariz da "Xira Surreal de Marful" o 30 de xuño, á media noite
 
A Fundación Vicente Risco anuncia a penúltima parada en Allariz da "Xira Surreal de Marful". "Sempre hai público para unha boa música. Sempre hai corazón para un bo sentimento", predica esta Xira. Chegará a Allariz o venres, 30 de xuño, a partires das 12 da noite.
 
 
 
 
 
20 de XUÑO de 2012: OURENSE DIXITAL

Porque non hai máis crise cá das ideas e o mundo é dos “valentes, que ensinan os dentes”, Marful apostou neste 2012 por unha xira chea de beleza e cariño que está chegando á súa fin. Un percorrido polos lugares máis singulares da xeografía galega. Unha proposta de achegamento ao público do país porque “Sempre hai público para unha boa música. Sempre hai corazón para un bo sentimento”.
Así se expresa a Fundación Vicente Risco ao presentar a chegada a Allariz o venres, 30 deste mes, da "Penúltima parada da Xira Surreal de Marful". Será a partires das 12 da noite.

Explica a Fundación que "namorados do patrimonio civil e da arquitectura, como o mostran nos seus discos, deciden e elixen os lugares donde atoparse en cadeas persoais singulares, espazos únicos e momentos exclusivos".
A Fundación Vicente Risco lembra que a "Xira Surreal de Marful" xa pasou polo Mosteiro de Carboeiro, pola primeira fábrica de conservas da Illa de Arousa, polo Castelo de Sobroso, pola Casa dos Poetas, o Museo do Mar de Galicia e a Fábrica de Sargadelos.
En cada espazo ofreceou o mellor de sí, e de acompañamento os mellores produtores e produtos gastronómicos de cada zona, "arredor dos que se atoparon artistas e público".

A penúltima parada, antes de rematar en Monterroso, é este 30 de xuño en Allariz.
 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA
 
 
 
HACE HOY UN AÑO 20, LUNES
 
Arrancan este luns as Festas de Ourense coa producción teatral e circense máis grande de Galicia
O Auria III abre as Festas de Ourense 2011 ás nove e media desta noita na Praza Maior
Ourense sigue enterrándose en 2011 en obra pública licitada con sólo 44,6 millones de euros en 5 meses
La ACO pide en la capital que la normativa provisional de la Xunta contemple la iniciativa privada
Ourense se convierte en la provincia española con el mayor crecimiento en compra-venta de vivienda