Arrancan este luns as Festas de Ourense coa producción teatral e circense máis grande de Galicia
 
Xa e a terceira parte dunha “viaxe pola cidade de Ourense a través dos tempos”. É o “Auria III”, o espectáculo que recrea a historia desta cidade, e que inaugura oficialmente as Festas de Ourense 2011 este luns, a partires das 21:30 Hs. na Praza Maior da cidade. “Auria III” pon en escena 80 actores, e convértese na producción teatral e circense máis grande de Galicia, sgundo sinala o seu Director Creativo, Aitor Rei
 
 
 
 
 
20 de XUÑO de 2011: OURENSE DIXITAL

O Castelo Ramiro, unha fortaleza episcopal construída en Ourense a finais do século XII, será un dos eixos históricos sobre os que xirará a posta en escea  de Auria III, o espectáculo co que se inauguran este luns as Festas de Ourense 2011.
Nun intento de recuperar episodios pouco coñecidos da historia da cidade, o espectáculo recreará momentos épicos das revoltas irmandiñas e do poder eclesiástico e señorial, segundo sinala a Concellería de Cultura que dirixe a concelleira nacionalista Isabel Pérez.
O Castelo Ramiro é un dos expoñentes deste poder “de onde partían abusos e inxustizas”, segundo reza a sipnose do espectáculo, e  foi destruído no século XV, converténdose no primeiro castelo de Galicia derrubado nas revoltas irmandiñas, no ano 1467.
Pero a recreación non se limita ós momentos históricos, senón que recorre á mitoloxía e ás lendas populares para construír un gran espectáculo.

Na posta en escea, organizada por “Boneca Lareta” participan máis de oitenta persoas, “o setenta por cento ourensáns”, segundo sinala o seu director creativo Aitor Rei, quen destaca a “calidade profesional deste equipo de mozos creativos e emprendedores”, desde actores, bailaríns, deseñadores, músicos e un longo etcétera de persoal implicado na producción.
Trátase, segundo Aitor Rei, “da producción teatral e circense máis grande de Galicia, nun mesmo espectáculo”.
O director creativo explica que é o resultado de máis de catro meses de preparación, e anima a tódolos ourensáns a participar porque “se van sorprender coa variedade e coa vistosidade do espectáculo”, que inclúe tirolinas e “moitas sorpresas” que non quere adiantar para manter a expectación.

Terceira parte

O espectáculo deste ano supón “a terceira parte dunha viaxe pola cidade de Ourense a través dos tempos”. Segundo sinala Aitor Rei, “o espírito é o mesmo, pero o espectáculo é completamente distinto ó das edicións anteriores”.
O obxectivo é trasladar o espectáculo á rúa para “converter a cidade nun escenario” e “para facilitar a participación de tódolos cidadáns”, segundo sinala a concelleira Isabel Pérez. “Non vai haber un pregoeiro ó uso -engade- porque a preoeira é a propia cidade de Ourense e a súa xente”.

O espectáculo, que marca o arranque oficial das Festas Mayores de Ourense 2011, terá lugar na Praza Maior da cidade a partires das 21:30 Hs.

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
  Noticias Relacionadas  
  El Concello advierte de que habrá cortes puntuales de tráfico en algunos puntos de la ciudad  
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA
 
 
 
HACE HOY UN AÑO 19, SÁBADO
 
Gobierno y PP en el Concello tercian por la intención de los populares de extender la reducción del 15% a toda la Corporación
El PP considera alcanzado “parcialmente su objetivo” e insiste en que el alcalde rompió el consenso
Progreso cierra al tráfico por fiestas a partir de las ocho y media de la tarde
El PSOE traslada a la Fiscalía la contratación de 115 trabajadores por la Deputación de Ourense
Deputación e Fegamp asinan un convenio para accións formativas na Administración Local
 

 

Añade OuD a tu Google