O Concello de Ourense establece o marco de funcionamento de novo Consello Municipal do Medio Ambiente
 
A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense aprobou este xoves o Regulamento do Consello Municipal de Medio Ambiente, órgano de participación sectorial que asesorará ao Concello en materia de conservación, defensa e protección mediambiental. Tamén aprobou as bases do concurso de Maios e Coplas desde ano, que se celebrará o día 3 de maio. E require a France Telecom (Orange) que ten instalada ilegalmente no edificio de Correos.
 
 
 
 
20 de ABRIL de 2012: OURENSE DIXITAL

A Xunta de Goberno Local aprobou este xoves na súa reunión semanal, o Regulamento do Consello Municipal de Medio Ambiente, órgano de participación sectorial que asesorará ao Concello en materia de conservación, defensa e protección do medio ambiente.
Unha vez que este proxecto xa foi aprobado, agora será remitido á Comisión do Pleno, abrirase un prazo de dez días para enmendas, e será elevado o Pleno do Concello para a súa aprobación.

O Consello fomentará a participación da cidadanía e, en particular, do seu movemento asociativo no ámbito de medio ambiente, co fin de consolidar unha relación fluída entre Concello e movementos sociais.
Entre outras funcións, terá as de protección e a promoción da calidade de vida no seu ámbito de competencia; fomentar a participación directa das persoas, entidades e sectores afectados e interesados, establecendo os mecanismos necesarios de información, estímulo e seguimento das actividades no ámbito da defensa do medio ambiente; potenciar a coordinación entre as diferentes institucións ou entidades públicas ou privadas; servir de canle de participación e diálogo dos interlocutores sociais no desenvolvemento da política ambiental do Concello; propoñer aos órganos municipais competentes criterios de actuacións na liña do desenvolvemento sostible e partipar no seguemento da xestión municipal; e fomentar a aplicación de políticas e actuacións municipais integrais encamiñadas á defensa dos dereitos das persoas e o medio ambiente.

O Consello Municipal de Medio Ambiente estará constituído por un presidente (alcalde ou concelleiro/a no que delegue), un representante por cada grupo político da corporación, un técnico da Concellería de Medio Ambiente, representantes de asociacións relacionadas co sector, representantes doutras insitucións vinculadas, e un funcionario municipal. Reuniranse como mínimo unha vez por trimestre, coa posibilidade de celebrar sesións extraordinarias.

Aprobadas as bases do concurso de Maios e Coplas 2012

A Xunta de Goberno Local aprobou tamén as bases do concurso de Maios e Coplas desde ano, declarada Festa de Galicia de Interese Turístico da provincia de Ourense, que se celebrará o día 3 de maio. Poderán participar, nas dúas modalidades (maios e coplas) todas as asociacións culturais, colexios, grupos, colectivos veciñais, entidades e calquera persoa maior de idade que o desexe.

Na modalidade dos maios, as construcións que se presenten ó concurso terán que ser realizadas integramente para a ocasión, e non empregar obxectos recubertos. Tanto nos casos do maio enxebre (representa pirámides, conos ou cruceiros), coma no maio artístico (recrea escenas cotiás, monumentos ou obras de arte da cidade), os materiais a empregar serán tradicionais: madeira, sacos de esparto, musgo, xestas, carrabouxo, flores silvestres, etc. Así mesmo, e como novidade, a modalidade “maio creativo”, inclúe a representación libre dos maios puidendo empregar calquer tipo de material.

En canto ás coplas, o xurado valorará a retranca, a composición, o ritmo e a linguaxe empregados, penalizando o uso de palabras malsoantes ou copias de anos anteriores.

Premios e inscricións

O xurado valorará o mellor Maio (enxebre e artístico), e as mellores coplas, outorgando os seguintes premios:

Premio Maio artístico: 400 euros
Premio Maio enxebre: 300 euros
Premio maio escolar: 100 euros
Premio mellores coplas: 150 euros

Os interesados en participar poden efectuar a súa inscrición na Concellería de Cultura, sita no Auditorio Municipal -rúa da Canle número 2-, en horario de oficina, ata o 27 de abril ás 14 horas.

O Concello require a retirada da antena ilegal do edificio de Correos

O Concello de Ourense require, por acordo de Xunta de Goberno de este xoves, á empresa France Telecom España, S.A., para que no prazo de 15 días proceda a retirada da antena de telefonía móbil sita na rúa Progreso, 53, edificio de Correos, instalada sen a preceptiva licenza municipal, e da que non é posible a súa legalización.


No mesmo acordo, se advirte á empresa que en caso de incumprimento o Concello procederá á execución subsidiaria ou á execución forzosa mediante a imposición de multas coercitivas, reiterables mensualmente ata acadar a execución, en contía de 1.000 a 10.000 euros.

A empresa instalou a antena no edificio de Correos sen obter a previa e preceptiva licenza municipal, que lle foi denegada por atoparse nun edificio protexido, incluído no inventario de bens de patrimonio cultural de Ourense, onde está prohibida a instalación de antenas. Por este motivo, o Concello denegou a licenza, ordeou posteriormente o cese de actividade, e require agora a retirada da antena, no prazo de 15 días.

Na mesma sesión, a Xunta de Goberno Local condedeu licenza de apertura de tres estacións base de telefonía móbil, na Avenida de Portugal, 122 e estrada de Vigo, 39 (ambas de Vodafone España) e Avenida de Bos Aires, 111 (Telefónica Móviles).
Nestes casos, as empresas solicitaran previamente e recibiran licenza de obra para instalar as antenas, cumplindo coa normativa urbanística de aplicación.

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA
 
 
 
HACE HOY UN AÑO 20, MIÉRCOLES
 
El Concello de Ourense cierra legislatura con un estado económico-financiero “solvente, saneado y estable”
“Automáticamente expulsados” del PP todos los militantes que vayan en listas que no sean las del partido
Ourense tendrá 9 listas, las mismas que en 2007, porque el POLI al final no se presenta
Rosendo Fernández cuestiona el “cronograma” del PSOE y dice que López Vidal es “o menos indicado”
79 conductores sancionados en Ourense en 8.800 controles por utilizar el teléfono móvil al volante