Fernando Román publica "Ética e estética de Arturo Noguerol Bujan" que publica Auria Editorial
 
 
 
   
Xa se atopa nas librerías ourensás o último traballo de Fernando Román, "Ética e estética de Arturo Noguerol Buján", que é presentado públicamente este martes, 31 de xaneiro, nun acto que terá lugar no Cultural desta cidade. O autor do traballo destaca que Noguerol Buján "é un persoaxe de traxectoria vital e personalidade poliédrica", e o libro é unha moi ben coidada publicación da editorial ourensá, Auria Editorial
 
31 de XANEIRO de 2012: OURENSE DIXITAL
 
 
 

A editorial ourensá Auria Editorial ven de publicar a obra do investigador Fernando Román Alonso que leva por título "Ética e estética de Arturo Noguerol Buján", e que se presenta públicamente ás 20:00 Hs. deste martes, 31 de xaneiro, do Cultural da capital ourensá.
O traballo que agora ve a luz é o resultado de varios anos de estudo, investigación e a procura de documentación por parte de Fernando Román.

O autor sinala que Noguerol Buján "é un persoaxe de traxectoria vital e personalidade poliédrica", nado na modernista Rúa de Alba, como se chamaba por entón a que logo foi Cardenal Quiroga e agora é Alejandro Outeiriño.
"A Noguerol tocoulle nacer e formarse nunha Auriabella que bulía a cultura que manaba de persoaxes como o crego, polígrafo e catedrático Marcelo Macías, Benito Fernández Alonso, Arturo Vázquez Núñez, o xeógrafo e catedrático, que formaban todos eles parte de Comisión Provincial de Monumentos e o seu Boletín, e que tiñan a súa sede no Instituto do Posío", sinala Fernando Román.

Aínda que era uns anos máis novo que eles, Fernando Román destaca que Arturo Nogueros formou parte de aquel cenáculo de Ourense, onde estaban Otero Pedrayo, Vicente Risco e Florentino López Cuevillas.
"Coa súa sensibilidad, intelixenza, inquedanza cultural e literaria, lograron que a eclosión cultural ourensá que eles artellaron na segunda decena do Século XX manara en diversos proxectos", asegura o autor de "Ética e estética de Arturo Noguerol Buján".

 
 

Ramón Otero Pedrayo no "Libro dos amigos" afirmou que no seu día que “Noguerol foi no Galeguismo o arbitrista, o financiero, o home de trazas e recursos precisos pata sacar adiante unhas elecciós, a edición dun libro, a carreira dun rapas de proveito. Foi o su pasamento como un espertar punzante e frio. Agardaba vivire ainda”.

Ademáis de avogado, Arturo Noguerol foi Secretario de Concellos como os de Rianxo e de Serantes. Neste derradeiro Concello, comezou a súa persecución política, denunciado pola posesión ilegal dunha pistola, da que tiña o permiso regulamentario. En 1936 detiveronno sendo acusado por “propalar novas tendenciosas” contra o Alzamento Nacional. O xuiz militar que o xulgou considerou inocente a Noguerol. A pesar disto, foi ejecutado con outras doce persoas na estrada de Ferrol á Coruña o 12 de setembro de 1936. Estes feitos aparecen no capítulo “Crónica duna morte anunciada” do libro de Fernando Román.

Agora, este último traballo de Fernando Román, que ven de ver a luz nunha moi ben coidada publicación de Auria Editorial, sae ao mercado e xa atópase nas principais librerías ourensás.

 

 

Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA
 
 
 
HACE HOY UN AÑO 31, LUNES
 
Aquilino Valencia se zafa otra vez de la justicia, y el pleno de la moción de Calvos no se celebra este lunes
El PSOE pide, de nuevo, la dimisión de Elisa Nogueira por otro vertido contaminante al río Barbaña
El PP pierde otro alcalde, Julio Temes, y encabeza la lista de Nogueira de Ramuín con el número 2
La Caza del Zorro cambió raposos por periodistas en el punto de mira de los cazadores
La Deputación defiende el modelo de incinerar los residuos y la incineradora que proyecta la Xunta