O Concello leva o Magosto este ano á Praza Maior da cidade, e Pérez anima a participar aínda que chova
 
O Magosto do Concello de Ourense viaxa este ano á Praza Maior da cidade. Outra novidade: mentras as castañas seguirán sendo de balde, o chourizo e o viño custará 1,5 euros, prezo simbólico que inclúe unha cunca e co que a Concellería de Cultura busca unha pequena colaboura do cidadán. Choverá, o máis seguro, o cal non é nin novidoso nin estrano. Así que a concelleira anima a non retraerse ante a festa do San Martiño
 
 
 
 
 
9 de NOVEMBRO de 2011: OURENSE DIXITAL

A tenente de alcalde e concelleira de Cultura e Turismo, Isabel Pérez, convida en nome do Concello de Ourense aos veciños e veciñas da cidade a celebrar "a nosa festa grande", como a definíu Isabel Pérez, o San Martiño.
As actividades son este venres, día 11 de novembro, San Martín de Tours, patrón da cidade, e este ano se trasladarán á Praza Maior nun intento da Concellería de Cultura de recuperar esta tradición para a zona máis Histórica da cidade.

A Concelleira de Cultura e Turismo, explicou este pasado martes o programa que comezará ás 13.00 horas ca actuación da Banda Municipal de Música de Ourense. Posteriormente, ás 17.00 h será o magosto popular, e tamén haberá obradoiros infantís, animación musical a cargo da AOFT – Gomes Mouro e Os Carunchos. Ás 19.00 h comezará a actuación dos regueifeiros.
Durante todo este tempo as castañas tomarán a Praza, e serán repartidas para que todas as persoas podan degustar o seu sabor. Isabel Pérez destaca “a participación ourensana en tódalas actividades que compoñen o programa”.

Ao mesmo tempo que o reparto de castañas, Isabel Pérez explicou que tamén haberá reparto de pan con chourizos e viño. As castañas serán gratuítas, e repartiranse aproximadamente uns 1.100 kilos entre os asistentes. O pan con chourizo e o viño será distribuido pola asociación Aspanas, que colabora na organización do evento, e terá un prezo simbólico de 1,5 €. Dentro deste prezo está incluída a cunca de viño, ca cal serán agasallados os asistentes como recordo da festa.
A colaboración coa asociación Aspanas, que é unha entidade declarada de interese público, forma parte do carácter que se lle quere inserir a festa, xa que se aposta firmemente pola implicación do tecido asociativo da cidade.  

A concelleira de Cultura e Turismo, Isabel Pérez, animou a tódalas persoas a que participen nos magostos que estes días terán lugar, nos diferentes barrios da cidade, dende a zona histórica ata os arredores. E pedíu tamén ser respetuosos co medio ambiente e moderados nas tradicionais tamén inxestas do viño novo que tamén dende sempre caracterizou a esta festa netamente ourensá.
O máis seguro é que chova, pero nin esto é novidosno no San Martiño nin ten por que botar para atrás a hora de disfrutar da tradición, sinalou Pérez.

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
   
  Os meteorólogos pronostican choivas. Non menos dun 96% de risco de precipitacións este 11 de novembro en Ourense. Un factor tampouco estrano na festa dos magostos  
     
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA
 
 
 
HACE HOY UN AÑO 11, JUEVES
 
La elevada tasa de ahorro del ourensano provocó un repunte de la compra-venta de vivienda...
La Deputación de Ourense dice que “non ten nin tivo ningún ano contratadas a 1.600 persoas”
Ourense acogerá este mes un encuentro para promocionar y dinamizar el Camiño de Santiago
Publicada la guía “Vive y descubre Ourense” de Everest con una primera tirada de 5.500 ejemplares
La ciudad rinde tributo a su Patrón, San Martiño, mientras se rememora la tradición de los magostos