A obra e a formulación de aprendizaxe do Padre Silva achéganse este ano a Romaría Raigame de Vilanova (Celanova)
 
Cunha exposición sobre a obra e figura de Jesús Silva, o Padre Silva, a Asociación Cultural que leva o seu nome reivindicará este ano na Romaría Raigame de Vilanova dos Infantes, o recoñecemento do fundador e a validez que a día de hoxe poden ter os proxectos de Benposta e de Los Muchachos. De feito, a Asociación di que tenta actualizar aquela formulación "como experiencia de aprendizaxe e plataforma para o desenvolvemento de mozos comprometidos cos valores que inspiraron aquela experiencia".
 
 
 
 
Actos del primer aniversario del fallecimiento de Jesús Silva. Septiembre de 2012. (ARCHIVO)
4 de MAIO de 2011: OURENSE DIXITAL

Unha escolma da vida e da obra do Padre Silva, creador e impulsor do Circo de los Muchachos‐Nación Benposta, comporá a exposición que poderá visitarse este vindeiro 17 de maio na vila ourensá de Vilanova dos Infantes, coincidindo no marco doutra edición da Romaría Raigame. O acto é unha homenaxe que esta parroquia de Celanova quere render ao mundo do circo e ao seu fundador, Jesús Silva.

Fotografías, cartelería e numerosas pezas gráficas comporán a mostra sobre a figura e a obra do Padre Silva, nunha exposición que promove a Asociación Cultural Padre Silva, invitada polo Concello de Celanova a participar neste anual evento.
Na exposición, destaca o papel relevante que tiveron na obra de Benposta-Los Muchachos tanto o seu fundador, Jesús Silva, como o seu tío-avó, Secundino Feijóo, fundador do Circo Feijóo e promotor do circo moderno en España.

A Asociación Cultural Padre Silva que artella esta exposición, naceu no seu día para recuperar e poñer en valor a memoria e a obra do Padre Silva, tentando actualizar a súa formulación como experiencia de aprendizaxe e plataforma para o desenvolvemento de mozos comprometidos cos valores que inspiraron a experiencia de Benposta e o Circo de Los Muchachos.
"La Ciudad de Los Muchachos de Benposta foi un proxecto único, unha experiencia de mellora da sociedade coa educación, as artes e o circo como baluartes", sinala a Asociación, que subliña que o seu proxecto "prioritario" a día de hoxe está a ser "recuperar a actividade de Benposta cunha nova visión global, aberta á participación de calquera persoa que comparta os valores e os fins cos que no seu día naceu este proxecto".

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
  Noticias Relacionadas  
  Benposta rinde homenaje al Padre Silva al cumplirse el primer año de la muerte del fundador de Los Muchachos  
     
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA
 
 
 
HACE HOY UN AÑO 4, VIERNES
 
El Concello de Xinzo de Limia se queda sin Grupo del BNG al abandonar el equipo de Díaz Penín
La lluvia y el festivo castigaron a los Maios de este 2012, reducidos este año a su mínima expresión
La tercera reunión de la Mesa del Plan de Ajuste de Xinzo arrancará con el visto bueno del Estado al Plan
El Presupuesto de 2012 del Concello de Ourense "está rematado prácticamente" y se conocerá la próxima semana
Al presentar la Feira da Saúde, Marga Martín anuncia que ninguna asociación se quedará sin subvención en 2012