Mato e Miranda salientan as comunidades galegas do Brasil como exemplo de "fortaleza que xera a unión"
 
Este luns en Brasil e o martes o secretario xeral da Emigración, Rodríguez Miranda, visita México. En río, Miranda e a conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, visitaron varios centros que prestan servizos socio asistenciais aos galegos. Tamén este luns, o secretario da Emigración visitou o Club Español de Niterói, que se ten como exemplo de sostibilidade de futuro para a Galeguidade.
 
 
 
 
30 de ABRIL de 2011: OURENSE DIXITAL

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, proseguiu este luns a súa viaxe por Brasil na localidade de Niterói, que comparte xunto a de Río de Xaneiro a Baía de Guanabara, e na que reside unha importante colonia de galegas e galegos.
Miranda visita o Club Español, unha entidade consolidada e de importante presenza social na zona que a converten en referente social non só para a comunidade galega e española en xeral, senón mesmo para a local.

No encontro, o mandatario autonómico porá unha vez máis de relevo o exemplo que para a Galeguidade supoñen as comunidades galegas do Brasil, por canto foron quen de superar localismos e facer propia a mensaxe de que a unión fai a forza. Neste senso, tanto Miranda como a conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, tamén presente no Brasil, teñen invitado aos responsables das mesmas a afondar nese camiño, posto que grazas a esa aposta a chama da Galeguidade ten garantida a súa pervivencia na República carioca, cun importante grao de afecto e mesmo admiración por parte da poboación autóctona.

Nas últimas horas, Miranda e Mato visitaron varias entidades prestadoras de servizos socio asistenciais en Río de Xaneiro, outro dos focos cos maior presenza da colonia galega, onde tiveron oportunidade de asinar acordos con esas comunidades para axudalas na atención a galegos de avanzada idade residentes na zona.
Igualmente, ambos responsables autonómicos estableceron contacto con algunhas personalidades do ámbito empresarial, aos que transmitiron a mensaxe do desexo do tecido produtivo de Galicia de abrirse aos novos mercados emerxentes.

México

Rematada a súa estadía na República Federativa, e xa en solitario, Miranda porá rumbo este martes aos Estados Unidos de México, onde terá ocasión de coñecer algunhas das actividades que desenvolve o Centro Galego da capital azteca.
Entre elas, cabe salientar unha moi importante, e das máis relevantes da Galeguidade en todo o mundo: a Festa Campestre do Primeiro de Maio, á que se agarda asistan preto de 4.000 persoas, na súa inmensa maioría galegos residentes no Distrito Federal. Ademais, Miranda intensificará nesta ocasión os contactos co tecido empresarial galego residente en México, e tamén con empresarios locais aos que poida interesar Galicia como punto para futuros investimentos.

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA
 
 
 
HACE HOY UN AÑO 30, LUNES
 
La Xunta podría querer reducir a 80 las plazas la Residencia de Cabeza de Vaca en la que hace poco invirtió un millón de euros
Sospechan que la Xunta quiere cerrar el Centro de Saúde de A Valenza, además de mantenerlo sin una enfermera
Una bodega de la D.O. Monterrei lleva al juzgado al presidente, Antonio Méndez, al que pide que dimita
Se experimenta con las primeras medidas para evitar este verano el bloom de cianobacterias en As Conchas
EPA e INEM no se ponen de acuerdo en cuántos parados hay en Ourense, mientras la CIG avisa de que habrá más