En marcha unha campaña para reducir o emprego de bolsas de plástico nas compras na Praza de Abastos
 
Os produtos da praza na bolsa da casa, así se chama unha campaña que arranca na Praza de Abastos para erradicar as bolsas de plástico dun só uso entre os clientes deste mercado ourensán. A iniciativa pretende sensibilizar a clientes e comerciantes das consecuencias para o medio ambiente que ten o emprego das bolsas dun só uso. Cada ourensán emprega de media 234 bolsas dun só uso cada ano, segundo Amigos da Terra.
 
 
 
 
26 de OUTUBRO de 2012: OURENSE DIXITAL

A concelleira de Limpeza, Susana Bayo, acompañada da concelleira de Voluntariado, Mónica Vázquez, o presidente da Asociación de Comerciantes da Praza de Abastos, Emilio González, e María Durán, representante da Asociación Amigos da Terra presentaron este xoves unha campaña que persigue a redución de bolsas dun só uso entre os clientes da praza de Abastos.
A iniciativa, promovida polas Concellerías de Limpeza, Igualdade e Voluntariado en colaboración coa Asociación Amigos da Terra e a Asociación de Comerciantes da Praza de Abastos, consistirá no reparto de flyers informativos e na instalación dunha caseta con voluntarios, para informar a clientes e comerciantes das consecuencias que ten para o medio ambiente o emprego de bolsas dun só uso.

A campaña, denominada Os produtos da praza na bolsa da casa, incluirá sorteos de carriños da compra entre os clientes que merquen os seus produtos sen empregar bolsas de plástico -por cada cinco compras, un cupón de sorteo-. Os clientes recibirán unha tarxeta de participación para acumular selos polas compras que efectúen, e lles será entregada unha bolsa ecolóxica por cada compra.
A idea da Concellería de Limpeza é acadar a eliminación total da bolsa dun só uso nos hábitos de compra, co fin de evitar as fatídicas consecuencias para o medio ambiente que provoca o seu emprego. O tríptico informativo inclúe os seguintes datos, que afondan nos motivos polos que surxiu o lanzamento da campaña:

- Cada persoa emprega ao ano unha media de 234 bolsas dun só uso.
- A "vida útil" de cada bolsa dun só uso é duns 20 minuto (mercado-casa-lixo).
- Cada bolsa de plástico tarda 150 anos como tempo estimado en desfacerse (os seus compoñentes químicos permanecen contaminando).
- Para producir unha bolsa emítense 4 gr. de CO2 á atmósfera.
- Cada ano emítense en España 441.000 toneladas de CO2 á atmósfera para producir bolsas dun só uso.

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA
 
 
 
HACE HOY UN AÑO 26, MIÉRCOLES
 
Extraco fue sancionada en 2010 con 300.000 euros por obstruir la labor de investigación de la CNC
Pactaban las bajas, ganaban el concurso y luego indemnizaban a sus competidores, establece la CNC
La propuesta de la murciana Soreva para Xinzo llega al pleno de la Deputación de octubre
El PSOE pedirá a la Deputación que la Xunta a reponga las ayudas para servicios sociales de los concellos
Seara repasó los avances en materia de igualdad para mujeres y colectivos discriminados