Educación do Concello de Ourense pon en marcha este curso o servizo de apoio educativo nos centros públicos
 
Educación do Concello de Ourense ven de presentar un novo paquete de actividades nos centros públicos da cidade para o curso que acaba de comezar. Por primeira vez prestará servizo de apoio educativo en Educación Infantil e Primaria. Consiste, en prestar un servizo de atención lúdico educativa aos nenos e nenas que acuden ao comedor escolar, realizando actividades, dende que remata o horario do comedor e ata as 17.00h, para favorecer a conciliación da vida laboral e familiar das familias.
 
 
 
 
26 de OUTUBRO de 2012: OURENSE DIXITAL

A concelleira de Educación, Ana Garrido, vén de presentar a programación de actividades para o curso escolar 2012- 2013, que o ano pasado contou con 34.000 participantes, sen contar as actividades promovidas pola Concellería nos meses de verán.
Entre as principais novidades para este curso académico destaca o programa de apoio educativo, que presta por primeira vez o Concello.
O servizo dará atención a escolares de Educación Infantil e Primaria dos colexios públicos da cidade. Consiste, en prestar un servizo de atención lúdico educativa aos nenos e nenas que acuden ao comedor escolar, realizando actividades, dende que remata o horario do comedor e ata as 17.00h, para favorecer a conciliación da vida laboral e familiar das familias, permitindo a nais e pais recoller aos nenos unha hora máis tarde do remate da actividade do comedor.

O programa ten coma obxectivos "afianzar e complementar os coñecementos académicos, aumentar a oferta lúdico educativa, promover a integración social e a maior soliedariedade cos rapaces máis necesitados e axudar á conciliación", sinala o departamento de Ana Garrido.
O servizo de atención lúdico educativo prestarase durante a semana nos CEIP Manuel Sueiro, Covadonga, As Mercedes, Irmáns Villar, CEE Miño, A Ponte, Mestre Vide, Manuel Luis Acuña, Mariñamansa, Mende e Inmaculada.

Novidades para o novo curso

Os nenos e nenas de Educación Infantil e Primaria, poden participar de Tertulias Literarias e dun novo curso de animación á lectura, sendo a temática sobre a que xiran todas as actividades Ollando os nosos artistas, co obxectivo de que os cativos cooñezan aos escultores, arquitectos, escritores, pintores e intelectuais ourensáns. Dentro deste programa destacan actividades coma Esculpindo os contos no que se realizará unha homenaxe ao escultor Arturo Baltar, o Roteiro de Artistas ourensáns, andaina lúdico- lectora pola zona vella da cidade, ou o Obradoiro para profesores: o pucheiro dos sentidos, no que se levará a cabo unha aprendizaxe de técnicas plásticas e artesanais con recursos naturais.

Estas actividades daranse cita ao longo de todo o curso académico e levan aparellado o I concurso de microrelato online Ollando aos nosos artistas con motivo da conmemoración do Día das Letras Galegas co que se quere fomentar a capacidade creativa do alumnado empregando as novas tecnoloxías do 3º ciclo de Educación Primaria, Secundaria e Formación Profesional.

No eido da saúde, o proxecto SHE do Doutor Valentín Fuster, abanderará o apartado de adquisición de hábitos saudable, cuxo obxectivo é a defensa de que a mellor maneira de previr enfermidades cardiovasculares e mellorar a calidade de vida nos adultos é a prevención dos seus factores de risco nos nenos. No programa xa están inscritos 15 centros de ensino da cidade, e os profesores recibiron o mes pasado un curso formativo co obxectivo de que os nenos adquiran hábitos de vida saudables.

No ámbito deportivo a novidade, é o programa de xadrez na escola que ten coma obxectivo dar a coñecer as bases para fomentar a socialización dos nenos e nenas e crear entre eles vínculos de comunicación e amizado e empregar o xadrez como arma pedagóxico para mellorar o seu rendemento escolar futuro.

Os mozos de 4º de ESO, bacharelato e ciclos superiores, poderán desfrutar da lingua inglesa a través da música co espectaculo Aquarius que mistura cancións dos 60 e 70 e conferencias en inglés impartidas por Rupert Marshall, antropólogo, director de teatro e músico. Mentres que os que estean a cursar 3º de Educación Infantil e o 1 ciclo de Educación Primaria, a través da novidosa actividade MusiCán, aprenderán música e inglés a través do traballo en equipo, con sesións de unha hora impartidas por dous monitores especializados.

Teatro, cine e danza completan a amplia oferta da Concellería de Educación co espectáculo de danza contemporánea “Dos de danza” coa actuación da bailarina ourensá Maruza Salas, a obra O home almofada, o I concurso de deseño de carteis para o festival MOTECES e a proxección da curtametraxe X nada e posterior conferencia sobre o ciber acoso dirixido aso alumnos e alumnas de 4 da ESO, bacharelato e ciclos superiores de FP.

Ademáis, neste novo curso ofértanse para profesores e ANPAS cursos e obradoiros sobre temáticas transversais como a convivencia escolar, primeiros auxilios e actuacións en casos de emerxencia, cusos de ligua inglesa ou conferencias sobre conflictividade. Neste cursos, e dende unha óptica participativa e lúdica, búscase a implicación de mestres, nais e pais na educación dos nenos e nenas dentro e fóra da escola e o seu obxectivo e adquirir os coñecementos necesarios para poder axudar oas nenos e mozos nas súas dúbidas cotiás.

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
   
  Ana Garrido  
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA
 
 
 
HACE HOY UN AÑO 26, MIÉRCOLES
 
Extraco fue sancionada en 2010 con 300.000 euros por obstruir la labor de investigación de la CNC
Pactaban las bajas, ganaban el concurso y luego indemnizaban a sus competidores, establece la CNC
La propuesta de la murciana Soreva para Xinzo llega al pleno de la Deputación de octubre
El PSOE pedirá a la Deputación que la Xunta a reponga las ayudas para servicios sociales de los concellos
Seara repasó los avances en materia de igualdad para mujeres y colectivos discriminados