Vilamor de Ignacio Vilar chegará este verán a nove concellos do rural ourensán no ciclo Cine de verán
 
A película Vilamor de Ignacio Vilar chegará este verán a nove concellos do rural de Ourense, dentro da campaña Cine de verán e do programa Redecinema. Serán proxeccións gratuitas e de gran formato que se extenderán polos concellos de Cenlle, San Xoán de Río, Esgos, Vilar de Santos, Petín, Laza, Quintela de Leirado, Lobios e San Cristovo de Cea nos meses de agosto e setembro
 
 
 
 
 
2 de AGOSTO de 2012: OURENSE DIXITAL

Nove concellos do rural ourensán, Cenlle, San Xoán de Río, Esgos, Vilar de Santos, Petín, Laza, Quintela de Leirado, Lobios e San Cristovo de Cea, gozarán este verán de cine co apoio da Deputación de Ourense e da Secretaría Xeral de Política Lingüística, dentro do programa Redecinema, que proxectará a película Vilamor, dirixida por Ignacio Vilar e protagonizada por Rubén Riós.
O Centro Cultural Marcos Valcárcel da Deputación de Ourense acolleu este mércores a presentación do programa, coa presenza, ademais de Vilar e Riós, do presidente da Deputación, Manuel Baltar, e do secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García.

Baltar destacou que estas proxeccións cinematográficas "gratuítas e en gran formato, achegan a nosa cultura e promocionan o noso idioma, feitos polos cales a Deputación de Ourense apoia esta iniciativa que se desenvolverá en pequenos concellos da provincia de Ourense".
O programa de dinamización lingüística Redecinema forma parte da planificación de actividades para o ano 2012, aprobado polo Consello de Membros da Rede de Dinamización Lingüística. A Deputación de Ourense, entidade fundadora da Rede de Dinamización Lingüística da Xunta de Galicia, apoia e co-financia canda a Secretaría Xeral de Política Lingüística, esta programación, dentro do seu ámbito territorial.

Os obxectivos específicos do programa "entroncan cos recollidos no Plan xeral de normalización da lingua galega, que aspira a promover a creatividade con base en galego e mais a aumentar a oferta de produtos de cultura e de ocio na nosa lingua", explicou na presentación Valentín García.
"En especial para promover o uso do galego nas actividades lúdicas e de lecer, para visibilizar a acción dinamizadora en lugares abertos e públicos, potenciar artistas e dinamizadores galegos, e mais para favorecer a incorporación do galego á programación das actividades para o verán realizadas nos concellos", engadiu o secretario xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia.

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA
 
 
 
HACE HOY UN AÑO 2, MARTES
 
La actividad agrícola en A Limia convivirá con la declaración de ZEPA al ser tipificada sólo como "área de conservación"
Unións Agrarias reclama a la Xunta una mesa de trabajo para concretar la afección de cada zona de A Limia
Año en blanco del Gobierno de Madrid para Galicia y Ourense, según el senador del BNG Pérez Bouza
Rego exige a Feijóo que pida perdón a los gallegos por aprobar el Plan de Urbanismo de 2003 de Ourense
Adif licita en 3,5 millones de euros el control de los 4,15 Kms. de AVE entre Campobecerros y Portocamba