Deportes e Educación do Concello de Xinzo valora de "enorme éxito" o Primeiro Campus Deportivo
 
Con "enorme éxito" rematou co mes de xullo o Primeiro Campus Deportivo do Concello de Xinzo no que participaron 140 rapaces e rapazas. Fútbol, baloncesto e atletismo centraron as actividades, nas que tamén houbo sendeirismo, entre outras, así como un par de excursións.
 
 
 
 
 
2 de AGOSTO de 2012: OURENSE DIXITAL

Rematou co mes de xullo o Primeiro Campus Deportivo do Concello de Xinzo, que, segundo os organizadores, contou nesta primeira edición coa participación de máis de 140 rapaces e rapazas.
Este Campus compaxinou os deportes de fútbol, baloncesto e atletismo, ademais de xogos deportivos, sendeirismo e piscina.
Tamén os participantes puideron disfrutar de dúas excursións, unha ao Parque Acuático de Cerceda, na Coruña, e outra ao Parque de Atraccións Magikland, en Portugal.

A Concellería de Deportes e Educación do Concello de Xinzo de Limia móstrase moi satisfeita polo desenvolvemento e o nivel de participación e interese neste Primeiro Campus Deportivo, e agradece especialmente a colaboración dos clubes deportivos do Antela, F.C., A.B. Xinzo e Limiactiva, así como a Asociación de Sendeirismo Sedalimia, "que coa axuda de varios dos seus monitores fixeron todos eles posible realizar esta actividade con enorme éxito", sinala esta Concellería.

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA
 
 
 
HACE HOY UN AÑO 2, MARTES
 
La actividad agrícola en A Limia convivirá con la declaración de ZEPA al ser tipificada sólo como "área de conservación"
Unións Agrarias reclama a la Xunta una mesa de trabajo para concretar la afección de cada zona de A Limia
Año en blanco del Gobierno de Madrid para Galicia y Ourense, según el senador del BNG Pérez Bouza
Rego exige a Feijóo que pida perdón a los gallegos por aprobar el Plan de Urbanismo de 2003 de Ourense
Adif licita en 3,5 millones de euros el control de los 4,15 Kms. de AVE entre Campobecerros y Portocamba