Ourense lembrará á Xeración Nós na celebración da segunda romaría A Bela Auria
 
A segunda romaría A Bela Auria adícase este ano a Xeración Nós. Nesta ocasión, de xeito coordinado co Comité  Pro-Centenario Nós, quérese facer unha dobre homenaxe que se ten concretado nunha semana de intensa actividade cultural na cidade. Tamén se presentou a III edición do roteiro Imos de Fotos!, adicado aos artistas máis xóvenes, mentras que o Outono Fotográfico recibiu este xoves unha nova exposición que é unha nova perspectiva sobre a vida nas cárceres galegos, Prisión sen presos, presos sen prisións
 
 
 
 
 
28 de OUTUBRO de 2011: OURENSE DIXITAL

Ourense repetirá a festa de recreación histórica A Bela Auria, romaría coa que a cidade retorna aos anos 20, ao tempo dos cafés cantante, o cine mudo e os xogos populares, e que foi presentada este xoves.
O programa desta edición inclúe café cantante no Liceo, romaría dos nenos e sesión vermú animada pola Banda Municipal de Música.

A Bela Auria xurde do compromiso e do traballo de diferentes organizacións da cidade. Nesta edición a Concellaría de Cultura e a Asociación Cultural A Bela Auria teñen traballado de xeito coordinado co Comité  Pro-Centenario Nós para facer posible esta dobre homenaxe, que se ten concretado nunha semana de intensa actividade cultural na cidade.
Entre outras iniciativas, e de xeito previo as celebracións da fin de semana, cómpre destacar o ciclo de conferencias coordinado pola Asociación de Licenciados e Estudiantes de Historia de Ourense (ALEHOU) no que se abondou, entre outros, na figura de artistas como Xulio Prieto Nespereira.   

Durante a presentación celebrada esta xoves contouse coa presenza de representantes das distintas institucións implicadas e mesmo puideron verse xa algúns traxes de época. A tenente de alcalde, Isabel Pérez destacou a “acertada elección” de facer coincidir festa e a efeméride o día 30 “como posta en valor da unha das  épocas máis celebradas da historia da cidade, na que Ourense converteuse verdadeiramente nesa Atenas de Galiza”.

Dez novos fotógrafos ourensáns no roteiro Imos de Fotos¡

Dez propostas fotográficas para dez locais de ocio da cidade durante todo o mes de novembro. A Concellaría de Xuventude vén de presentar a que é xa a terceira edición do roteiro Imos de Fotos!, unha iniciativa marcada pola mocidade dos artistas que a protagonizan, dez novos valores da fotografía en Ourense, que exporán o seu traballo  en bares, pubs e cafeterías da cidade. 
Unha actividade coa que a Concellería de Xuventude se suma ao Outono Fotográfico “dando unha oportunidade a estes mozos e mozas para participar nun evento de proxección e de sobra consolidado; o que supón un enriquecemento non só profesional senón tamén persoal”, tal e como apuntaba esta mañá a edil de Xuventude, Marta Arribas, durante a presentación do certame.

A terceira edición do Imos de Fotos!, que como en anos anteriores, conta cun catálogo propio, foi presentada este xoves e vai configurándose no tempo como unha marca propia e  delimitada dentro das propostas do Outono Fotográfico, “un ámbito de creación e participación ao redor do universo único da imaxe que este ano, máis que nunca, racha tendencias e aposta pola diversidade”, sinalou Arribas.

Unha nova perspectiva da vida nos cárceres galegos no Outono Fotográfico

A dimensión máis comprometida e humana da fotografía galega faise un oco no  Outono Fotográfico  coa exposición Prisión sen presos, presos sen prisión  que este xoves se presentou nas dependencias do Museo Municipal.
A mostra, calificada pola tenente de alcalde, Isabel Pérez, de “moi impactante”, por facer chegar ao gran público “a realidade duns espazos tradicionalmente pechados, de díficil acceso e dos que non sempre somos conscientes”, é obra dos fotógrafos Nacho Romero e Ángel Cordero.
Trátase dun  un retrato dos últimos días e os derradeiros moradores da Prisión Provincial da Coruña que se poderá visitar até 13 de decembro.

Plantexada como un dobre reflexión sobre a pegada que as persoas deixan no espazo e viceversa, Presos sen prisión, prisión sen presos está formada por 38 fotografías de grande formato. As instantáneas retratan aos seus oitos protagonistas; a propia Prisión Provincial da Coruña, que cesou a súa actividade a  finais do ano 2009, e sete dos seus últimos reclusos, seis homes e unha muller.
Prisión sen presos, presos sen prisión é unha das novas propostas incluídas no catálogo do Outono Fotográfico 2001, e ocupa a segunda pranta do Museo Municipal. Pode visitarse até o vindeiro 13 de decembro.

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
  Noticias Relacionadas  
  Arrancou o Outono Fotográfico de Ourense, a 29 edición e a primeira sin Benito Losada  
     
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA
 
 
 
HACE HOY UN AÑO 28, JUEVES
 
El BNG de Ourense dice que la contaminación al Barbaña desde San Cibrao tiene que acabarse
Sigue sin acuerdo, siquiera de mínimos, la jornada de huelga, el conflicto de la Limpieza
El BNG plantea 77 millones adicionales para Ourense en los PGE de 2011 a través de 34 enmiendas
CC.OO. recurre al laudo arbitral en el caso de la “manipulación” de censos en las elecciones de Carrefour
Xa están na Residencia do Carballiño os primeiros galegos do programa “Reencontros na Terra 2010”