Xa están na Residencia do Carballiño os primeiros galegos do programa “Reencontros na Terra 2010”
 
Chegou a Ourense (Residencia do Tempo Libre de O Carballiño) o primeiro continxente de galegos do programa “Reencontros na Terra 2010”. Son 60 galegos procedentes da Arxentina, 11 do Brasil, 52 procedentes de Uruguai e 9 participantes procedentes de Cuba, que foron recibidos polo delegado da Xunta en Ourense, Rogelio Martínez
 
28 de OCTUBRE de 2010: OURENSE DIXITAL

Xa se atopan en Ourense, na Residencia de O Carballiño, os primeiros participantes do programa Reencontros na Terra 2010, unha iniciativa organizada pola Secretaría Xeral da Emigración e desenvolvida en colaboración coa Secretaría Xeral de Familia e Benestar, que pretende favorecer o achegamento á terra a aqueles emigrantes galegos e ás súas familias que teñan máis de 60 anos de idade.
O programa pretende que estes emigrantes poidan redescubrir as súas orixes e poñerse e contacto coa realidade actual do seu país de orixe a través de distintas actividades encamiñadas a posibilitar o coñecemento da Galicia actual, o encontro coas súas propias familias e o intercambio de experiencias co resto dos participantes.

Chegaron 60 procedentes da Arxentina, 11 persoas procedentes de Brasil, 52 procedentes de Uruguai e 9 participantes procedentes de Cuba, quenes foron recibidos no Carballiño polo delegado Territorial da Xunta de Galicia en Ourense, Rogelio Martínez.
Martínez, na súa intervención, asegurou que “sabemos, porque a case todos non toca de preto, que non é doado para un galego vivir lonxe de Galicia, nos quixemos que esa distancia se acorte e que poidades o longo destas dúas semanas gozar dos vosos familiares, dos vosos amigos ó tempo que podedes participar nun cheo de actividades organizadas nesta residencia de tempo libre exclusivamente para vós”.

O Delegado Territorial dixo agardar que a estadía dos emigrantes galegos en terras ourensás sexa o máis amena posible: “sei que vades a atopar unha Galicia ben distinta da que tivestes que deixar por falta de oportunidades, o meu desexo é que vos guste e que estedes orgullosos dela como nós o estamos de vostedes”, sinalou Martínez.
Nun encontro entrañable e non exento de emocións, o delegado subliñou que “reencontrarse cunha nai, cun irmán, cun fillo... despois de tantos anos pero, de seguro, que ó tempo, non hai momento máis feliz. Todos eses sentimentos tedes que vivilos e compartilos. É unha débeda que tiñamos pendente con vós e ogallá estes reencontros  puidesen desenvolverse con tódolos galegos da diáspora”.

O programa Reencontros na terra desenvolverase ao longo de tres meses e consta de dúas fases diferenciadas. Na primeira delas, de dúas semanas de duración, os participantes estarán aloxados na residencia de tempo libre de O Carballiño onde participarán en distintas actividades recreativas e culturais, así como excursións a lugares de interese da comunidade co obxectivo de proporcionarlles un maior coñecemento da súa terra de orixe.
A segunda fase será a estadía cos seus familiares de Galicia ata completar un tempo máximo de tres meses.

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
  Noticias Relacionadas  
  Presentado en Buenos Aires el programa “Reencontros na Terra”  
     
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA
 
   

 

Añade OuD a tu Google