O Concello de Ourense aproba o convenio dun novo vial para aliviar o tráfico na zona do Polvorín
 
O Concello de Ourense acometerá un novo vial na cidade, o que unirá as actuacións rúas Manuel Murguía coa Ponte da Avenida do Regato. A Xunta de Goberno deste xoves deulle o visto e prace ao correspondente convenio urbanístico. Na mesma sesión, a Xunta de Goberno tivo coñecemento do sobreseimento da denuncia relativa ao edificio ubicado nos números 1 e 3 da praza de Arturo Pérez Serantes
 
 
 
 
 
18 de FEBREIRO de 2011: OURENSE DIXITAL

A Xunta de Goberno do Concello de Ourense aprobou este xoves o convenio urbanístico que permitirá a ocupación  dos terreos para desenvolver un futuro novo vial na cidade. Trátase da rúa que unirá as actuais rúas de Manuel Murguía coa Ponte da Avenida do Regato. Este novo vial permitirá aliviar o tráfico das arterias da zona do Polvorín.
O convenio aprobado polo órgano de Goberno do Concello de Ourense chega tras as negociacións cos propietarios dos terreros emarcados na AR-25 O, que cederán o espazo para que o Concello impulse os traballos para  a súa urbanización.

Segundo as condicións recollidas no texto do convenio que viu hoxe a luz verde na Xunta de Goberno, “o Concello de Ourense procederá á tramitación e aprobación definitiva do proxecto de reparcelación do AR 25 O de acordo co sistema de cooperación”.
A administración local tamén se compromete a ter pechados no prazo dun ano dende a suscripción do presente convenio o proxecto de reparcelación do AR-25 O.

Sobreseimento e arquivo do caso do edificio da Praza Pérez Serantes

Por outra banda, o Xulgado de Instrucción número 1 de Ourense acaba de acordar, segundo tivo coñecemento tamén este xoves a Xunta de Goberno Local, o sobreseimento da denuncia interposta pola Constructora Hermanos del Río, por  “prevaricación, cohecho y tráfico de influencias” por ter concedido licencia de ocupación para o edificio ubicado nos números 1 e 3 da praza de Arturo Pérez Serantes.

O Xulgado entende que o feito que motiva a denuncia (a concesión de licencia de ocupación) non reviste carácter penal porque non se xustifica a existencia de irregularidades. Así, a sentencia reza que “la denuncia que dio lugar a las presentes diligencias no presenta una entidad lo suficientemente grave como para dar lugar a una reacción del ordenamiento penal”.

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA
 
 
publicidad
 
 
HACE HOY UN AÑO 18, JUEVES
 
Igualdade da Xunta considera “deplorable” a publicidade de locais de alterne no programa do Entroido de Xinzo
Rodríguez acusa a los populares Celso Delgado y Poly Novoa de tener “unha cara impresionante”
Un convenio reducirá el 20% del coste de los proyectos de rehabilitación de vivienda en cascos históricos
Las Confederación Hidrográfica anuncia dos nuevas depuradoras para Vilar de Santos y A Bola
La Deputación de Ourense ahorrará 60.000 euros/año en el recibo de la luz
 

 

Añade OuD a tu Google