|
|
|
Para a secreraria xeral da Igualdade da Xunta de Galicia, Marta González, non hai dúbida: “deplorable”, é como cualifica o feito de que dous locais de alterne colaboren no programa de man do recento Entroido de Xinzo de Limia. Valora “positivamente” o feito de que o Concello e o alcalde asuman o erro, pero recalca a postura do seu departamento e do Executivo galego: “este tipo de feitos, que favorecen unha imaxe normalizada da prostitución, son especialmente rexeitables”, subliñou Marta González. |
|
|
Noticias Relacionadas |
|
|
Dos locales de alterne de Xinzo de Limia se le cuelan al Concello en el programa del Entroido |
|
|
|
|
|
Igualdade da Xunta considera “deplorable” a publicidade de locais de alterne no programa do Entroido de Xinzo |
|
18 de FEBRERO de 2010: OURENSE DIXITAL |
|
|
|
|
A secretaria xeral da Igualdade, Marta González, clasificou este mércores de “deplorable” o feito de que a publicidade de dous clubs “onde se exerce a prostitución” forme parte do programa de actos do Entroido de Xinzo de Limia como se fosen un establecemento mais de hostalería. Así o destaca un comunicado emitido ao respecto polo departamento de Igualdade da Xunta de Galicia.
Nesta comunicación destácase que o posicionamento da Secretaría Xeral da Igualdade fronte a prostitución e a trata de mulleres, “é suficientemente clara e coñecida, polo que este tipo de feitos, que favorecen unha imaxe normalizada da prostitución, son especialmente rexeitables”, recalcou Marta González.
|
|
|
|
|
Marta González, secretaria xeral da Igualdade |
|
Sen embargo, a pesar do acontecido, a responsable de igualdade do goberno galego valorou “positivamente” as desculpas dadas tanto polo Concello de Xinzo como pola Asociación cultural Fiadeiro, que colabora na elaboración do programa, e espera que o programa sexa retirado.
“A prostitución, moi directamente vinculada a trata de mulleres para a súa exploración sexual, non é mais que unha manifestación da violencia que se segue a exercer sobre ás mulleres, polo que non pode ser un feito normalizado na nosa sociedade; e os clubs onde se exerce non poden ser tratados como establecementos de hostalería, porque non o son”, afirmou a secretaria xeral.
Marta González lembrou que os homes e as mulleres “temos que ser conscientes das situacións de necesidade e falla de oportunidades que hai detrás de cada muller que exerce a prostitución neses clubs”.
A situación sobre a que agora se pronuncia a Secretaría Xeral da Igualade da Xunta de Galicia provén do feito de que dous locais de alterne, “Raparigas” e “Dama da noite”, aparecerán no programa de man do Entroido de Xinzo de Limia como se empresas e locais de hostalaria se tratara.
O feito, que foi denunciado pola voceira por PSdeG-PSOE neste Concello, Elvira Lama, foi admitido e asumido como “un erro grave” polo propio alcalde de Xinzo, o popular Isáac Vila, quen recoñeceu que tal no se debería haber producido. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|