A conselleira de Medio Rural só gusta de vir ao Ribeiro para festas e a sacarse fotos, indica o BNG
 
De paseo, por terceira vez en só dous meses, e para outra festa, estivo, de novo, a conselleira de Medio Rural no Ribeiro, sinala o voceiro do BNG no Concello de Ribadavia, Anxo Collarte. O nacionalista pregunta a conselleira onde está o documento que levan reclamando colleiteiros e adegueiros desta D.O. dende o 2010, e que posibilitaría fórmulas que lle permitirían respirar sobre todo os produtores. Por contra, a conselleira só ten querencia a viaxar ao Ribeiro para festas e de visita.
 
 
 
 
 
21 de JUNIO de 2013: RIBEIRO DIXITAL

"A súa terceira visita en menos de dous meses, e a Denominación de Orixe Ribeiro segue sen contrato homologado dende 2010. A mesma conselleira que non participa nas xuntanzas da mesa do viño segue vindo sacar fotos á comarca e a pintar unha situación irreal".
Así se expresa o voceiro do BNG no Concello de Ribadavia, Anxo Collarte, no día despois da visita da Conselleira de Medio Rural, Rosa Quintana, ao Ribeiro e a Ribadavia.

Collarte lembra que "os prezos da uva seguen á baixa, e as aparicións da conselleira do Medio Rural seguen a ser co gallo da inauguracións de festas, túneles do viño e entregas de premios".
"Tanto costa aos gobernantes do PP falar coa xente do viño?", se plantexa o voceiro do BNG, que se pregunta tamén si a conselleira do Medio Rural coñecerá realmente dos problemas agrarios dos galegos.

Anxo Collarte lembra que, a iniciativa do BNG, concellos do Ribeiro como Ribadavia e Castrelo de Miño solicitaron contratos homologamos, o mesmo que veñen facendo "de xeito reiterado" importantes adegas e organizacións agrarias, e non por iso o Goberno do PP na Xunta de Galicia acaba de asumir estes plantexamentos.
Collarte sinala que "a nosa comarca precisa o impulso do contrato homologado na D.O. Ribeiro, e menos enganos aos viticultores e ás adegas do Ribeiro".
Lembra que a Xunta dispón dos intrumentos para favorecer a sinatura dos contratos homologados, como son outorgar créditos ás adegas para adiantar o pagamento da uva aos viticultores, e ofrecer melloras no reparto de subvencións a esas adegas que asinen contratos homologados.
Pero sen documento, nada isto se chega a facer.

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
   
  Anxo Collarte  
     
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA
 
 
 
HACE HOY UN AÑO 21, JUEVES
 
Educación garantiza que con los agrupamientos escolares del próximo curso las aulas no superarán los 18 alumnos
El Concello establece las líneas generales de la actuación urbanística en el sur de la zona histórica
O Concello de Ourense promove un novo espazo de actividades lúdicas para nenos e pais, o Espazo Coeduca
El PP de O Barco pide que la CHM-S estudie, de nuevo, el proyecto de dragado del Sil en la zona del Malecón
Cuestionan que el Concello de Xinzo suba el impuesto de la contribución "no peor momento da crise"