O Concello de Ourense promove un novo espazo de actividades lúdicas para nenos e pais, o Espazo Coeduca
 
Aínda que as actividades darán comezo o vindeiro 2 de xullo, este mércores abríu ao público e presentouse o Espazo Coeduca do Concello de Ourense. Situado no Centro Municipal de Información á Muller, na rúa do Ensino, este espazo ten como principal obxectivo "fomentar a educación a través de prácticas educativas con menores, adolescentes, e os seus pais, nais e titores".
 
 
 
 
 
21 de XUÑO de 2012: OURENSE DIXITAL

O Concello de Ourense abriu este mércores ao público o novo Espazo Coeduca, ubicado no Centro Municipal de Información á Muller (CIMM), na rúa do Ensino nº 24, onde tamén se atopan as dependencias da Concellería de Igualdade.
O novo espazo inclúe dúas salas: unha primeira dirixida aos cativos, cunha ampla zona de xogos, biblioteca e mesas e cadeiras para debuxar; e outra sala multiusos na que se disporá de acceso a intenet, pantallas, retroproxector, pizarras e mesas de traballo, dirixida ós obradoiros con pais e nais e adolescentes.

O novo Espazo Coeduca ten coma obxectivo "fomentar a educación en liberdade, tolerancia, convivencia e respeto, a través de prácticas coeducativas con menores, adolescentes, e os seus pais, nais e titores", sinala o Concello de Ourense, que engade o seu interés por promover "un espacio alternativo e complementario ao ámbito educacional formal, que persiga un modelo coeducativo creando un entorno igualitario de aprendizaxe e lecer adaptado ás necesidades e aos tempos das familias e paralelamente apoialas na ardua tarefa da conciliación da vida laboral e persoal".

Mónica Vázquez, concelleira de Igualdade, destacou que "desenvolver conductas igualitarias, onde os nenos e nenas se sintan protagonistas, onde a diversidade e a equidade se convirtan nas ferramentas esenciais do desenvolvemento integral das persoas, é o noso obxectivo prioritario".
O espazo, dirixido ás familias ourensanas, os centros de ensino e as ANPAS, está enmarcado no Plan para a Promoción da Equidade de Xénero do Concello de Ourense 2010-2014.

Dende este novo espazo poranse en marcha actividades para os meses de verán, con continuidade ó longo do vindeiro ano. Actividades de aprendizaxe, lúdicas e deportivas que posibiliten a formación e entretemento dos nenos e nenas ao tempo que se sensibiliza aos pais e nais en materia de xénero, fomentar a lectura e contribuír ao enriquecemento das súas capacidades e habilidades incentivando a aprendizaxe cooperativa e o desenvolvemento de actitudes respetuosas e solidarias coas demáis.
Ademáis disporase dunha ampla oferta para os adolescentes, con obradoiros de supervivencia doméstica e de autocoidado e conductas saudables, actividades deportivas, obradoiros de prevención da violencia sexual e resolución de conflictos persoais e cursos de autoestima e autocoñecemento persoal.
Nestes cursos empregarase unha metodoloxía  integradora, motivadora activa e participativa, nun proxecto no que se implica a tódolos membros da unidade familiar.

Actividades inmediatas para os meses de verán

Entre xuño e setembro desenvolveranse actividades dirixidas a nenas e nenos e os seus pais como contaconto, lectura e escritura creativa, teatro, baile, cociña, masaxes, cine de verán, ludoteca ou xogos interxeneracionais.

Este verán (dende o 2 de xullo ó 31 de agosto, de luns a venres) o calendario de actividades será o seguinte:

- Os luns de 11.00h. a 13.00h. Expresión corporal e dramatización
- Os martes de 18.30h a 19.30h Masaxes en familia
- Os mércores de 11.00h a 13.00h Expresión plástica e artística
- Os xoves de 18.30h a 20.30h Espazo compartido en familia
- Os venres de 11.00h a 13.00h Cociña creativa

Todas as actividades serán gratuítas e o espazo só pechará as fins de semana e o mércores 25 de xullo e o 15 de agosto.

As actividades están dirixidas a nenas e nenos de 4 a 12 anos e as súas familias (os masaxes son para nenos e nenas de 1 a 7 anos) que poden inscribirse dende o mércores 25 de xuño, directamente no CIMM- Concellería de Igualdade, na rúa do Ensino 24, de 10 da mañá a unha da tarde.
 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
   
     
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA
 
 
 
HACE HOY UN AÑO 21, MARTES
 
Rodríguez fija el organigrama al completo del Concello de Ourense en un pleno extra este martes
El Gobierno de Barbadás le saldrá al Concello por 100.000 euros al año, asegura el PSOE
El PSOE alerta de que Xinzo no está decartado y que el alcalde quiere llevar la incineradora a Gudín
ADEGA plantea restricciones a las eléctricas en el Plan Hidrológico de las cuencas del Miño y el Sil
Emigración establece 5 áreas de actuación e 13 liñas prioritarias para o trienio 2011-2013