Unha modificación de crédito permitirá axudas do Concello de Ourense ás asociacións e investimentos en 2013
 
Para que as cousas non se paren e as asociacións reciban as axudas anuais que veñen recibindo tódolos anos do Concello de Ourense, o Goberno municipal tren preparado una modificación orzamentaria de 8,6 millóns de euros que este mércores presentou o concelleiro Vázquez Barquero aos grupos políticos na Xunta de Área de Facenda. Esta modificación permitirá, por exemplo, prestar apoio a 42 entidades e acometer investimentos urxentes en infraestruturas e termalismo, e 6,2 millóns de euros de ese 8,6 cóllense do remanente de Tesourería.
 
 
 
 
José Ángel Vázquez Barquero
18 de JULIO de 2011: OURENSE DIXITAL

Dar apoio a 42 asociacións e entidades que desenvolven o seu labor na cidade, acometer investimentos urxentes en mellora de infraestruturas e termalismo e amortizar anticipadamente débeda municipal son os principais obxectivos do expediente de modificación dos orzamentos do Concello que prepara o goberno municipal.
O concelleiro de Economía e Facenda, José Ángel Vázquez Barquero presentou o expediente aos grupos políticos de PP, BNG e DO no transcurso da Xunta de Área que se celebrou este mércores.
O concelleiro de Economía dixo ofrecer aos grupos políticos a posibilidade de falar acerca desta modificación antes de que sexa aprobada coa vontade de acadar o maior grao de consenso posible.
O expediente ascende a 8,6 millóns de euros, exactamente 8.664.534.

Tomada a decisión de non tramitar un novo orzamento para 2013, e mantendo prorrogado o de 2012, "o Goberno municipal prepara esta modificación coa finalidade de afrontar gastos que non deben demorarse, e que permitirán dar apoio a entidades que desenvolven o seu labor na cidade, principalmente ONG que traballan no terreo da sáude e o benestar social, xunto con convenios con diferentes entidades (673.237,55 euros) afrontar investimentos urxentes en materia de infraestruturas na cidade e perímetro rural (664.000), acometer as expropiacións necesarias para desenvolver o Ben de Interese Cultural das Burgas (1.050.000), e amortizar débeda (6.262.521,92 euros)", sinalou Vázquez Barquero.

O Goberno municipal presentará o proxecto de modificación orzamentaria para o visto bo da Xunta de Goberno Local, e posteriormente ante o Pleno do Concello para aprobación inicial, e exposición pública polo prazo de 15 días hábiles, durante os que os interesados poderán examinalo e presentar as reclamacións que estimen oportunas.
O expediente considerarase definitivamente aprobado se non se presentaran reclamacións.

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
  Noticias Relacionadas  
  El BNG alerta de las víctimas del Concello con la prórroga de los Presupuestos de 2012  
     
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA
 
 
 
HACE HOY UN AÑO 18, MIÉRCOLES
 
La Xunta comunica al Concello que hay luz verde a la modificación de la normativa del Plan de Urbanismo de 1986
El Gobierno de Castro Caldelas renuncia a cobrar del Concello y dedica sus asignaciones a Servizos Sociais
Dicen que en Barbadás la temporada de piscinas comienza con el nivel de riesgo que finalizó la del año ...
Rodríguez visitou este martes aos rapaces do CEIP de Prácticas que participan nas actividades de verán
Los ponentes del proyecto europeo B2N coinciden en que es preciso potenciar la marca del Parque do Xurés