Melendi e Eli Paperboy Reed arrancan dende este vernes as Festas Maiores de Ourense
 
Melendi este mesmo venres e Eli Paperboy Reed marcan o arranque, este venres, das Festas Maiores de Ourense que este ano teñen, precismente, ao comenzo dous dos seus pratos mais fortes. Queda para a vindeira fin de semana o Derramerock como os principais polos de atracción das festas, sobre todo no musical. Pregoará o escrito e xornalista Camilo Franco o sábado, ás 10 da noite, na Praza Maior.
 
 
 
 
 
21 de XUÑO de 2013: OURENSE DIXITAL

Este venres, 21 de xuño, comezan oficialmente as Festas de Ourense 2013, que darán paso a 10 días de numerosas actividades que encherán de vida e de cores as rúas e prazas da cidade.
Melendi ofrecerá o primeiro gran concerto destas Festas. Será a partir das 00.00 h en Expourense. Un pouco antes, a partir das 21.30 h, os Amigos dos 60 celebrarán o seu tradicional encontro na Cafetería do Xardín.

Para o sábado está reservado o pregón destes festexos, a partir das 22.00 h na Praza Maior. O escritor e xornalista ourensán, Camilo Franco, será o encargado da súa lectura. Posteriormente, e no mesmo lugar comezará o concerto de Vocal Tempo, que nos deleitarán só cos seus micros, sen ningún instrumento, aínda que escoitaremos trompetas, tambores, percusións, guitarras e baixos.

"Danza, títeres, teatro de rúa, microteatro, música con selo ourensán, e tamén internacional, mercado medieval, o mellor rock do estado ... en total máis de cen actividades ata o vindeiro día 30 para que todas e todos se divirtan da mellor das maneiras", sinala a Concellería de Cultura do Concello de Ourense.

O domingo, o concerto de Eli Paperboy Reed

Un dos pratos fortes destas Festas de Ourense 2013 terá lugar o vindeiro domingo 23 de xuño a partir das 23.00 h no Xardín do Posío. A esa hora dará comezo a actuación gratuíta de Eli Paperboy Reed, und os mellores soulman do momento. O Xardín do Posío acollerá o concerto gratuíto deste recoñecido soulman, a partires das 23:00 Hs.

O recoñecido cantante Eli Paperboy Reed naceu en Boston en 1983. O seu alcume ven da súa especial forma de levar unha gorra que pertenceu ao seu avó e que recorda aos antigos repartidores de xornais.
Para este concerto, Eli Paperboy estará acompañado pola banda catalana The Peppers Pots. A relación entre eles xurdiu de forma casual. Tras coñecerse nun concerto e falar por internet de facer algo conxunto, o supergrupo chegou a un acordo: lanzar un EP que recuperase en certa forma temas de soul “ocultos”. Así naceu Time And Place, un proxecto que saca da sombra cancións esquecidas de Fontella Bass e Bobby McClure, Lee Moses, Jimmy Lewis e Kip Anderson.

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
   
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA
 
 
 
HACE HOY UN AÑO 21, JUEVES
 
Educación garantiza que con los agrupamientos escolares del próximo curso las aulas no superarán los 18 alumnos
El Concello establece las líneas generales de la actuación urbanística en el sur de la zona histórica
O Concello de Ourense promove un novo espazo de actividades lúdicas para nenos e pais, o Espazo Coeduca
El PP de O Barco pide que la CHM-S estudie, de nuevo, el proyecto de dragado del Sil en la zona del Malecón
Cuestionan que el Concello de Xinzo suba el impuesto de la contribución "no peor momento da crise"