A Romaría Raigame acada este ano a súa XII edición con mención especial ao circo e lembranza de Fidalgo Santamariña
 
A localidade de Vilanova dos Infantes, moi preto de Celanova, disponse para unha nova edición da Romaría Raigame, unha festa que é unha homenaxe aos oficios tradicionais galegos e premia a entidades que traballan na defensa das tradicións galegas. Este ano Raigame adica tamén espazo e testemuña ao circo, así coma ao desparecido Fidalgo Santamariña, premio Xoán de Barros este ano.
 
 
 
 
 
9 de MAIO de 2011: OURENSE DIXITAL

Vilanova dos Infantes, en Celanova, "convértese na capital cultural e etnográfica de Galicia, un verdadeiro parque temático interactivo do noso, que pon en valor as tradicións da nosa terra" sinalou Manuel Baltar, presidente da Deputación de Ourense, ao presentar este mércores a súa XII edición que se celebrará este 17 de maio.
Esta celebración de exaltación das tradicións, declarada Festa de Interese Turístico de Galicia, reúne cada ano ao redor da torre e do burgo medieval de Vilanova dos Infantes a milleiros de persoas que se achegan "para realizar a súa particular viaxe no tempo, que nos permite lembrar pero tamén potenciar as tradicións dos gremios e artesáns galegos doutros tempos, e tamén fornecer a nosa cultura con maiúsculas, integrada polo noso idioma e a nosa etnografía", explicou Baltar.

O acto de presentación tivo lugar no Centro Cultural “Marcos Valcarcel” da Deputación de Ourense, e contou coa presenza, ademais do presidente provincial, do alcalde de Celanova, José Luis Ferro; da directora do Centro de Cultural Popular “Xaquín Lorenzo”, Mariló Fernández Senra, e do profesor Xosé Manuel Cid.
A celebración da Romaría Etnográfica Raigame enmárcase dentro do proxecto de posta en valor do núcleo medieval de Vilanova dos Infantes.

Nesta XII edición, Raigame rende homenaxe a Secundino Feijoo, fundador do Circo Feijoo a finais do século XIX, e o Padre Silva, creador do Circo dos Muchachos a mediados do século XX, veciños ámbolos dous de Vilanova dos Infantes, que levaron o nome de Ourense por todo o mundo cos seus espectáculos circenses.
Preséntase tamén o premio honorífico Xoan de Barros, que nesta edición se entregará a título póstumo ao antropólogo Xosé Antón Fidalgo Santamariña. O premio recoñece a persoas ou colectivos o traballo e a colaboración na promoción e actividades da romaría, así como os valores etnográficos que Raigame pretende exaltar.

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA
 
 
 
HACE HOY UN AÑO 9, MIÉRCOLES
 
La actitud "insultante", según el Gobierno municipal, del concelleiro Gonzalo Jácome, revienta la Xunta de Área de Cultura
El SATSE anuncia un nuevo recorte sanitario en Ourense: más guardias con menos dinero en las Zonas Especiales
Relacionan la eliminación de un médico de A Veiga con la afinidad de Edesio Yáñez con los baltaristas
45 bodegas y 17 restaurantes de la provincia se enrolan en una iniciativa para potenciar el turismo ...
Manu Chao y La Ventura se vienen con Reperkusión a Benposta para una fiesta de 3 días y 3 noches