Ata o 4 de marzo está aberto o prazo para presentar solicitudes ás Copas Deputación de Ourense
 
Xa está aberto o prazo de solicitudes para as Copas Deputación de Ourense da institución provincial. As bases foron publicadas no BOP do 2 de febreiro, núm. 28. Teñen unha dotación económica global de 115.000 euros. O pasado ano subvencionáronse 34 disciplinas deportivas.
 
 
 
 
15 de FEBREIRO de 2013: OURENSE DIXITAL

Ata o próximo 4 de marzo atópase aberto o prazo de solicitudes para as Copas Deputación de Ourense da temporada deportiva 2012-2013 que poderán solicitar federacións galegas e entidades deportivas da provincia de Ourense, segundo ven de anunciar a propia institución provincial ourensá.

O programa de Copas Deputación, "cun forte arraigamento e tradición na nosa provincia", sinala a Deputación ourensá, canaliza as axudas ó deporte de competición federado para garanti-la continuidade de determinadas competicións deportivas amateur que, en moitos casos, constitúen a única actividade regulada que se organiza na provincia.
As bases foron publicadas no Boletín Oficial da provincia número 28, do sábado 2 de febrero, cunha dotación económica global de 115.000 euros.

O obxecto destas bases é a regulación da convocatoria pública por parte da Deputación Provincial de Ourense para a tramitación e concesión de subvencións destinadas a desenvolver,
prioritariamente, nunha ou varias xornadas, competicións deportivas que baixo a denominación de Copas Deputación se leven a cabo na provincia de Ourense durante esta tempada deportiva 2012-2013.
Na pasada edición o programa de Copas Deputación subvencionou competicións de un total de  34 disciplinas deportivas, algunhas cunha antigüidade de 30 anos

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA
 
 
 
HACE HOY UN AÑO 15, MIÉRCOLES
 
El alcalde de Ourense propone limitar a 10 minutos por grupo y asunto las intervenciones en los plenos del Concello
El PP se atribuye la convocatoria de la Xunta de Portavoces y los 15 días para presentar propuestas
El TSXG falla que la aprobación de la RPT de O Carballiño de 2008 fue un "simple remedo" de un proceso negociador
Ancianos con procesos gripales comparten con niños y los pintores Pediatría del CHUO de Ourense
Dicen que la viabilidad de Manzaneda no se logrará con precios "atraco" como los de este pasado sábado