Entran en servizo este xoves na capital ourensá os 32 colectores de roupas e calzados usados
 
A partires deste xoves entran en servizo un total de 32 colectores para a recollida de roupas, calzado e, incluso, xoguetes. O sistema foi presentado este xoves pola concelleira de Limpeza Susana Bayo, quen sinalou que o Concello de Ourense estima un aforro duns 8.000 euros ao ano coa implantación deste sistema, e unha media de reciclaxe de 1,3 quilogramos de roupa ao ano por ourensán.
 
 
 
 
 
17 de XANEIRO de 2013: OURENSE DIXITAL

A concelleira de Limpeza do Concello de Ourense, a socialista Susana Bayo, anunciou este mércores que a partires deste xoves, día 17 de xaneiro, serán instalados ao longo de toda a cidade un total de 32 colectores para a recollida de roupa, elementos textís e calzado. Susana Bayo e Pedro Andrés Oliver, director xeral de Texlimca, empresa concesionaria do servizo, precisaron as condicións do contrato e as ubicacións concretas dos colectores.

A recuperación de roupa usada para a súa reciclaxe, ou a súa reutilización, supón beneficios ambientais e económicos, incidindo nunha maior reutilización de tecidos e roupas ou o aproveitamento das súas materias primas, sinalou a concelleira Bayo.
Deste xeito, coa implantación dun sistema integral de recollida, reciclado e reutilización destes residuos se reducirá a entrega de impropios á Sociedade Galega de Medio Ambiente (SOGAMA).
A Concellería de Limpeza estima un aforro duns 8.000 euros ao ano coa implantación deste sistema, e unha media de reciclaxe de 1,3 quilogramos de roupa ao ano por ourensán.

Son prendas obxecto de depósito nestes novos contenedores, xerseis, camisas, camisetas, faldas, pantalóns, cazadoras, chaquetas, bañadores, chándals, vestidos, polos, traxes, abrigos, lencería, roupa interior, garavatas, panos, bufandas, etc.
Roupa de fogar: sabas, mantas, fundas, mantelerías, cortinas, toallas, albornoces, edredóns, etc.
Pero tamén, aínda que non sexan produtos textís, zapatos, botas, sandalias, calzado deportivo, etc., e complementos coma bolsos, carteiras, gorras, abanos, sombreiros, cinturóns, etc., así coma xoguetes.

Os cidadáns deben introducir as prendas en bolsas pechadas, tanto para facilitar o posterior transporte, optimizando os tempos de recollida, como para evitar unha posible contaminación dos contidos dun colector.
Os modelos de colector instalados, denominados wippy xuquer, teñen unha capacidade de volume interior de 2.700 litros, e están dotados de chapas de aceiro galvanizado. Contan cunha boca aberta composta por unha noria que xira en sentido vertical, evitando a sustración das bolsas depositadas unha vez introducidas.

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA
 
 
 
HACE HOY UN AÑO 17, MARTES
 
El Gobierno municipal rebate que en el Concello haya 16 asesores y acusa al PP de "manipulación"
La Xunta comunica a los regantes de A Limia que sube el doble y medio su aportación al Plan de Regadíos
Un recorte en las ayudas a la viticultura anunciado por la Xunta amenaza a O Ribeiro, denuncia UU.AA.
La Xunta se desentiende de Protección Civil en Carballiño, después de intentarlo ya en dos ocasiones
Voltaron dos seus destinos de prácticas os 25 mozos ourensáns con becas Leonardo da Vinci