Aberta no Cultural da Deputación a exposición do IX Premio Bienal de Fotografía Purificación García
 
Dende este xoves, 15 de novembro, o Cultural da Deputación de Ourense acolle os traballos da Bienal de Fotografía Purificación García. Regina de Miguel é o primeiro premio desta IX Bienal, Jaime de la Jara o segundo e Zoe Vizcaino leva o terceiro premio. A exposición é unha selección das 17 mellores fotos das 900 que se presentaron a concurso.
 
 
 
 
 
16 de NOVEMBRO de 2012: OURENSE DIXITAL

O Centro Cultural Marcos Valcárcel da Deputación de Ourense acolleu hoxe a presentación da exposición das obras seleccionadas na IX edición do Premio Bienal de Fotografía Purificación García. Os premiados desta edición son: Regina de Miguel (primeiro premio, dotado con 15.000 euros), Jaime de la Jara (segundo premio, dotado con 12.000 euros) e Zoe T. Vizcaíno (terceiro premio, dotado con 10.000 euros).
En total, presentáronse a concurso 900 obras das que 17 foron seleccionadas para a mostra.

No acto de presentación, o presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, destacou que esta exposición "reflicte os valores que Purificación García amosa na súa empresa e na súa traxectoria profesional, como son o compromiso, a competitividade, a calidade e a creatividade", e engadiu que dende a Deputación de Ourense "convidamos a todos os ourensáns e visitantes a gozar con esta mostra que trae a Ourense as últimas tendencias no arte da fotografía".

Pola súa banda, Purificación García dixo sentirse especialmente leda de que esta exposición "se faga en Ourense, sede da nosa empresa", e afirmou que seguirá apostando "por manter a continuidade da mostra para seguir apoiando a creadores e artistas".
A exposición queda instalada e aberta ao público no Cultural da Deputación desta cidade.

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA
 
 
 
HACE HOY UN AÑO 16, MIÉRCOLES
 
Rajoy, Felipe González y Guillerme Vázquez convirtieron este martes en la jornada más fuerte de campaña electoral...
Rodríguez dice a la Xunta que el proceso de integración de la Alta Velocidad en Ourense "é imparable"
El BNG tacha de "electoralista" el acto de las maquetas de la Estación del AVE de este pasado lunes
El SERGAS configura el organigrama de la nueva Xerencia de Xestión Integrada de Ourense
Sale a información pública el estudio del tramo Ourense-Monforte del AVE que retoca el de 2003