UNICEF premia a horta educativa interxeracional do Concello de Ourense polas boas prácticas medioambientais
 
A organización UNICEF ven de anunciarlle ao Concello de Ourense un recoñecemento ao seu proxecto da horta ecolóxica interxarcional posto en marzo en marzo do ano pasado, 2011. É un proxecto da Concellería de Educación, cuxa titular agradeceu a UNICEF o galardón que valora coma "un impulso para seguir traballando polo futuro dos nosos nenos e nenas".
 
 
 
 
 
2 de NOVEMBRO de 2012: OURENSE DIXITAL

UNICEF entregará o día 9 de novembro, nunha gala que se celebrará na cidade de Málaga, un recoñecemento ao Concello de Ourense polo seu proxecto pioneiro da Concellería de Educación, a horta ecolóxica interxeracional de Mariñamansa.
O recoñecemento enmárcase no VI Certame de Boas Prácticas nos dereitos da infancia e política municipal deste ano das Cidades Amigas da Infancia, que promove e difunde os dereitos da infancia no eido local, e que neste ano celebra o seu 10º aniversario no noso país, segundo ven de informar o Concello de Ourense.

En marzo de 2011, o Concello puxo en marcha a horta educativa interxeracional. O espazo está situado na zona de Mariñamansa, na beira dereita do río, cunha extensión de 2.000 m2 distribuídos en 22 parcelas, 18 para os veciños, 2 destinadas a persoas con mobilidade reducida e 2 de maior superficie dirixidas a fins educativos e sociais.
As hortas están pnatexadas como unha alternativa de ocio, representando ademais espazos de convivencia que posibilitan a integración dos sectores sociais máis desfavorecidos, como a 3ª idade, parados de longa duración, ou persoas con algunha minusvalía, permitindo un intercambio xeneracional de coñecementos e experiencias, fomentando a participación cidadá e a transmisión de tradicións rurais na actual sociedade urbana.

Impulsar o respeto polo medio ambiente, recuperar espazos urbáns e promover unha alimentación sá e hábitos saudabéis, proporcionando lugares que permitan realizar actividades físicas e mentais en contacto coa natureza, mellorando a calidade de vida, son os obxectivos da iniciativa do Concello a través da Concellería de Educación.
"Para nós é unha satisfacción porque supón un recoñecemento que nos anima a seguir traballando polos máis pequenos e axudar a que se convirtan en cidadáns máis responsables coa súa cidade e o seu entorno", sinálase agora dende a Concellería de Educación deste Concello da capital ourensá.

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA
 
 
 
HACE HOY UN AÑO 2, MIÉRCOLES
 
El PSOE propone un plan de discriminación positiva para el Macizo Central Ourensán y sus gentes
Seara tacha de "elitista" o modelo educativo do PP e recorda que o PSOE duplicou os investimentos
El BNG advierte de que la convivencia en la localidad de Gudín de Xinzo se está crispando mucho
El PP pedirá en el pleno de noviembre la ordenanza que regule la práctica del botellón en la ciudad
Novas Xeracións del PP pide al Concello que negocie abaratar los precios del Complejo de Oira