En novembro comezan dous obradoiros gratuitos de técnicas de relaxación e saúde emocional para adultos
 
O Concello de Ourense pon en marcha dous obradoiros gratuitos para adultos nos que se ensinarán técnicas de relaxación e saúde mental. Segundo a Concellería de Saúde, o obxectivo desta iniciativa é dotar aos participantes de estratexias e capacidades para afrontar as situacións de risco ás que estamos sometidos ao longo da vida, dende un punto de vista emocional e social buscando o benestar das persoas.
 
 
 
 
25 de OUTUBRO de 2012: OURENSE DIXITAL

A Concellería de Saúde do Concello de Ourense organiza dous obradoiros de relaxación e saúde emocional, dirixidos a todo tipo de persoas, maiores de 18 anos. Incluidos no programa Ourense saudable, nestes obradoiros se traballará tanto a saúde física como a mental, xa que o equilibrio entre ambas nos levará a ter unha vida saudable.

O obxectivo desta iniciativa é dotar aos participantes de estratexias e capacidades para afrontar as situacións de risco ás que estamos sometidos ao longo da vida, dende un punto de vista emocional e social buscando o seu benestar. Os interesados poden inscribirse dende esta semana e ata o venres, 2 de novembro. Os obradoiros son gratuítos, disporán dunha metodoloxía dinámica, activa e participativa e desenvolveranse na Aula Municipal de Promoción da Saúde, na rúa Vasco da Ponte, 1.

O obradoiro de relaxación profundizará na eficacia dos procedementos de relaxación para unha boa calidade de vida, e no tratamento de problemas relacionados coa tensión, insomnio, hipertensión esencial, dores de cabeza, asma bronquial e tensión en xeral, ou como coadxuvante en moitas condicións, tal como a ansiedade a falar en público, as fobias, ou a ansiedade, entre outras. O obradoiro pretende fomentar o equilibrio emocional, dar a coñecer técnicas de relaxación, musculares e de control da respiración, mellorar a calidade de vida activa e previr a ansiedade. Con 25 prazas, desenvolverase os martes e xoves do mes de novembro, dende o día 6, de 10:30 a 11:30 horas.

O obradoiro de saúde emocional, con 20 prazas, será os venres do mes de novembro, de 11:30 a 13:30 horas, dende o 9 día. Ten como obxectivo dotar aos participantes de estratexias e mecanismos que nos axuden a enfrontarnos aos cambios emocionais, fomentando a autoestima e os sentimentos positivos. Contará con bloques sobre saúde mental-emocional, recoñecemento da ansiedade, tratamentos de estrés, autoestima e habilidades persoais.

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA
 
 
 
HACE HOY UN AÑO 25, MARTES
 
Cuatro empresas ourensanas sancionadas con 8,3 millones de euros por burlar la libre competencia ...
Pactaban las bajas, ganaban el concurso y luego indemnizaban a sus competidores, establece la CNC
Allariz acoge las Xornadas sobre Manuel Blanco Romasanta que organiza la Fundación Vicente Risco
Sorteados los 1.233 ourensanos que conformarán las 137 mesas electorales del 20-N en Ourense
40 profesionales participan desde este martes en el III Curso de Formación en Prevención de Adicións