Aprobados 24 convenios do Concello de Ourense para outras tantas asociacións de saúde e benestar social
 
Xa son 24 asociacións do ámbito da saúde e do benestar social que desenvolven a súa actividade na capital ourensá, as que recibirán este ano axudas do Concello de Ourense. Ás 22 do ano pasado, en cuxo caso se lle da continuidade aos convenios existentes, súmanse agora a Asociación de Persoas con Discapacidade de Ourense, ADO, e a Asociación de Esclerose Múltiple, AODEM. Son case 257.000 euros nos 24 convenios aprobados este xoves.
 
 
 
 
19 de OUTUBRO de 2011: OURENSE DIXITAL

A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense, a proposta da Concellería de Benestar Social, aprobou a sinatura de 24 convenios de colaboración con outras tantas asociacións do ámbito da saúde e do benestar social que desenvolven a súa actividade en Ourense. Deste xeito, "o Concello refrenda o seu apoio ao labor fundamental que estas asociacións desenvolven na cidade, a través das actividades que realizan ao longo do ano e os servizos que prestan aos seus asociados e á sociedade ourensá en xeral", sinálase ao respecto.

Os acordos aprobados este xoves dan continuidade a 22 convenios xa asinados o ano pasado, e se incorporan 2 novas entidades, que por primeira vez asinarán un convenio específico de colaboración do Concello: a Asociación de Persoas con Discapacidade de Ourense (ADO) e Asociación de Esclerose múltiple, AODEM.

Os 24 convenios aprobados suporán unha achega total de 256.976 euros por parte do Concello a estas asociacións. Son, concretamente:

- Asociación Provincial de Amas de Casa e Consumo Familiar Montealegre,
- Asociación de Axuda á Parálise Xerebral Infantil-ASPACE
- Asociación Local de Pensionistas e Xubilados SPES
- Asociación ASPANAS
- Asociación Ourensá de afectados de Síndrome de Fatiga Crónica, Fibromialxia, Artrite e Artrose (ASOUFFA)
- Asociación de Persoas Xordas de Ourense
- Asociación Cultural Galega de Formación Permanente de Adultos
- Asociación Diabética Auria
- Asociación Española contra o Cancro de Ourense
- Asociación Aixiña
- Asociación Ourensá de Hemofilia
- Asemblea Provincial de Cruz Vermella
- Asociación Galicia Terra de Acollida
- Federación Provincial de Discapacitados Físicos de Ourense (DISCAFIS)
- Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer e outras demencias
- Asociación de Familias e Enfermos Mentais MOREA
- Asociación de Fibromialxia e Síndrome de Fatiga Crónica de Ourense AFFOU
- Asociación Cadabullo
- Residencia San Xosé
- Cáritas Diocesana
- Asociación de Loita contra as enfermedades renais de Ourense ALCER
- Asociación de Persoas con Discapacidade de Ourense (ADO) ADO
- Asociación de Esclerose Múltiple, AODEM.

Xunto a estas asociacións aprobouse tamén o convenio de colaboración do Concello de Ourense coa asociación protectora de animais de Ourense, PROGAPE; entidade que xestiona o albergue de animais do Concello de Ourense, por un importe de 52.440 euros.
A maiores dos convenios aprobados en Xunta de Goberno deste xoves, o Concello tamén dará apoio a través de convenios de colaboración a outras entidades do ámbito da saúde, como Atox, Abeiro, Proxecto Home e Comité Cidadán Anti SIDA de Ourense, que se asinarán nos vindeiros días.

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
   
  Marga Martín, concelleira de Benestar Social  
     
     
  Noticias Relacionadas  
  Agustín Fernández escribe a Ana Pastor reclamando la reunión pendiente para la integración del AVE  
  El Concello consigna 964.000 euros para una nueva zona verde de 6.300 mts.2 en Santa Teresita  
  Xardín das Burgas, S.A. reclama al Concello 16,4 millones de euros  
  Se pierde temporalmente la conexión Outariz-Untes de la ruta termal por disposición judicial  
     
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA
 
 
 
HACE HOY UN AÑO 19, MIÉRCOLES
 
Pachi Vázquez pide a la Xunta que reactive el 100% de los medios contra incendios para parar "o drama dos lumes"  
Comisiones Obreras pide a los brigadistas do lume que velen por las vidas, incluyendo las suyas
Amigos da Terra exige a la Xunta que informe verazmente del alcance de los fuegos en Ourense
Uno de cada cinco ourensanos en condiciones de trabajar está en el paro, establece el INDICEO
La CEO no fue consultada en relación con proyectos como los de la XERO, CICAT o el de SOREVA