A Deputación de Ourense anuncia a posta en marcha do Observatorio Económico da provincia
 
A Deputación de Ourense presentou este mércores dúas novas accións para favorecer a competitividade e seguir mellorando nos servizos e na cooperación cos concellos da provincia, sinalou o presidente da institución provincial, Baltar Blanco. Son o Observatorio Económico Ourensán que analizará a realidade económica e social da provincia, e un conxunto de Estratexias de colaboración cos concellos para a dinamización turística e empresarial.
 
 
 
 
 
27 de SETEMBRO de 2012: OURENSE DIXITAL

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, o xerente do Inorde, José Manuel Rodríguez, e o deputado da área de Plans Estratéxicos, Antonio Montero, presentaron no Centro Cultural da Deputación de Ourense este mércores dúas novas medidas integradas no Plan de Estratexia Operativa OURENSE 92 "que permitirán facer unha diagnose da situación socio-económica das comarcas e municipios e potenciar o turismo e a competitividade empresarial", sinalou o titular da Deputación ourensá.

Por unha banda está o Observatorio Económico Ourensán, unha ferramenta de traballo para analizar a realidade económica e social da provincia de Ourense, que ten como finalidade ser un servizo a disposición dos concellos, organismos e entidades públicas e privadas da nosa provincia para poder entender mellor a información de tipo socio-laboral de Ourense nos ámbitos do mercado laboral, o sistema produtivo, a especialización sectorial  e as potencialidades de cada zona.
O observatorio dará a coñecer comparativas temporais e tendencias de evolución cada seis meses. Os primeiros resultados coñeceranse no vindeiro mes de novembro, nun acto no que estarán convidados axentes sociais, económicos, sindicais e institucionais da provincia de Ourense.

Unha vez avaliados os datos as conclusións que emita o Observatorio Económico Ourensán permitirán coñecer o peso de cada municipio e comarca sobre o tecido produtivo da provincia de Ourense, e unha diagnose de cada comarca en canto á súa progresión económica e social.
Tamén será posible comparar a situación de cada comarca con respecto a Galicia e España, e deseñar políticas específicas para cada comarca, ademais de xerar material de divulgación no que os medios de comunicación atoparán datos para apoiar as noticias comarcais.

A outra das accións é un conxunto de Estratexias de colaboración cos concellos para a dinamización turística e empresarial. Esta medida ten como obxectivo  potenciar a competitividade e a internacionalización das empresas, cunha serie de accións que se levarán a cabo cos concellos e outras administracións públicas, ademais de organizacións empresariais e colexios profesionais.
As medidas que se inclúen neste apartado están relacionadas con aspectos de promoción e dinamización empresarial nas diferentes comarcas e apoio a iniciativas de fomento de emprendemento, así como ao desenvolvemento e posta no mercado de novos produtos endóxenos no sector da alimentación en cada comarca.

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA
 
 
 
HACE HOY UN AÑO 27, MARTES
 
Comienzan las obras para garantizar agua potable al Ourense de los próximos 50 años y los 140.000 habitantes
El recuerdo a Benito Losada presidirá la XXIII edición de las Xornadas de BD de Ourense, primeras sin él
CIG y UGT le indican al alcalde de Ourense fórmulas de ahorro efectivo en el Concello
Todo a punto para el comienzo este miércoles del IV Encontro de Emprendedores Eduardo Barreiros
La Deputación de Ourense ofrece aprender a construir instrumentos musicales tradicionales