Adxudicado o Plan de Seguridade da demolición dos futuros apartamentos turístico-termais de As Burgas
 
O Concello de Ourense dice que sigue a avanzar na posta en valor da zona de interese histórico de As Burgas. Este xoves, a Xunta de Goberno Local adxudicou en 14.160 euros o Plan de Seruridade e Saúde do Proxecto para demoler dous edificios que logo se converterán en apartamentos turístico-termais.
 
 
 
 
7 de SEPTIEMBRE de 2012: OURENSE DIXITAL

A Xunta de Goberno Local aprobou na súa xuntanza deste xoves o Plan de Seguridade e Saúde do Proxecto básico e de execución de demolición de edificios de vivendas na rúa do Vilar 14 e 16, para apartamentos turístico termais no mercado tradicional do rianxo- Hortas, nas traseiras das Burgas.

O plan adxudícase por un importe de 14.160 euros e implican "un paso máis na posta en valor das Burgas de acordo coas previsións do Plan Estratéxico Termal e o Plan Especial de Protección e Reforma Interior deste Ben de Interese Cultural", aprobado polo Pleno do Concello no mes de xaneiro, sinala o propio Concello de Ourense.
Aos 4 apartamentos turístico-termais previstos na zona, súmase unha cafetería e local de merchandising e salas de exposicións que veñen completar o proxecto de posta en valor das fontes termais das Burgas e o seu contorno que promove o Concello de Ourense.

Todos os proxectos teñen o obxectivo común de reforzar o atractivo da zona, onde tamén se está a construír o Centro de Interpretación Turístico Termal da cidade, xa adxudicada a súa dotación de equipamento, convírtese nun espazo interpretativo expositivo sobre os mananciais mineromedicinais das Burgas e a historia da cidade converténdose nun punto de encontro coa historia e a evolución de Ourense ao longo dos séculos.
Concíbese coma un proxecto divulgativo e didáctico, que proporcione ao visitante unha concepción global do termalismo mediante ferramentas e propostas audiovisuais e interactivas, que nos permitirán coñecer e facer máis comprensible a temática termal e afondar na historia e cultura da nosa cidade.

O bulevar peonil, nas traseiras das fontes, que comunicará a rúa das Burgas coa rúa do Baño, únese ao proxecto arqueolóxico de posta en valor e recuperación dos restos romanos atopados no contorno das Burgas
O proxecto pretende garantir a conservación dos restos arquelóxicos atopados nas mellores condicións posibles, e paralelamente acometer as actuacións necesarias para facer accesible este espazo ao público e que veñen a completar o proxecto de posta en valor desta área de interese cultural.

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA
 
 
 
HACE HOY UN AÑO 7, MIÉRCOLES
 
El PP denuncia que el Concello de Ourense perdió en los últimos meses 3,5 millones de euros en inversiones
Fernández responde a la solicitud de audiencia del lunes de Rodríguez, pidiendo él otra el martes
Foster&Partners entre los 7 finalistas para redactar el proyecto de la Estación Intermodal de Ourense
La CHM-S provoca otra moción en el Senado, esta relativa la plaga de los árboles de varios ríos
Ya son firmes las 945 ayudas del Concello para la compra de libros de texto y comedores escolares