Ábrese esta semana o prazo para solicitar subvencións para actividades que se desenvolvan con fins sociais
 
Esta semana ábrese o praza para solicitar subvencións para as asociacións de maiores e entidades sen ánimo de lucro que desenvolvan actividades no concello de Ourense con fins sociais. A partires de que a convocatoria apareza no BOP, haberá un mes para facelo. Ademais Benestar do Concello ven de solicitar de Inmigración da Xunta una subvención para un programa de información e asesoramento a inmigrantes da cidade.
 
 
 
 
6 de AGOSTO de 2012: OURENSE DIXITAL

A Concellería de Benestar Social do Concello de Ourense destinará un orzamento de 52.920 euros en subvencións a aquelas asociacións da cidade sen ánimo de lucro, cuxo obxectivo prioritario sexa atender as necesidades sociais na cidade..
Dende a Concellería de Benestar Social quérese promover unha nova convocatoria de subvencións para este ano 2012, co fin de potenciar todas aquelas actividades sociais que contribúan a mellorar o benestar social dos veciños de Ourense, podendo optar a unha subvención as actividades promovidas polas asociacións de maiores e as actividades de carácter social promovidas por calquera entidade sen ánimo de lucro, sinala o correspondente acordo adoptado neste sentido pola Xunta de Goberno Local.

Todos aqueles interesados poderán presentar a súa solicitude a partires de esta semana, tendo en conta que terá que ser ao día despois da publicación das Bases no Boletín Oficial da Provincia, e no prazo dun mes a contar dende a súa publicación.
Segundo as bases reguladoras da convocatoria, poderán solicitar unha subvención as asociacións con fins sociais do Concello de Ourense e de modo particular as Asociacións de Maiores e as asociacións ou entidades que realicen actividades de carácter social.

Os interesados deberán presentar a instancia no rexistro Xeral do Concello que debe incluír os datos da entidade ou particular que solicite a subvención, acompañada dunha memoria explicativo das actividades que se levarán a cabo e a financiación prevista para a realización das actividades.
As solicitudes recibidas valorarán a calidade técnica do proxecto presentado e a súa adecuación aos programas presentados, a continuidade de programas xa iniciados en anteriores convocatorias, a innovación do proxecto e inexistencia de programas similares.

Proxecto de asesoramento e información á poboación inmigrante

O Concello de Ourense tamén ten en marcha un novo proxecto destinado ao asesoramento e á formación da poboación inmigrante, co fin de facilitar e favorecer a súa integración e socialización. Para o cumprimento de este tipo de iniciativas a Concellería de Benestar Social solicitou da Xunta de Galicia, da Secretaría Xeral de Inmigración, a súa inclusión no  programa de concesión de subvencións dirixidas a este fin, por importe de 87.850 euros.

O Concello, a través da Oficina Técnica de Atención a Inmigrantes e da Rede de Centros Cívicos da cidade, sinala a súa intención de contribuir a informar e asesorar á poboación inmigrante, colectivo formado por 3.607 persoas na nosa cidade, ao tempo que lle proporciona orientación social e xurídica.

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA
 
 
 
HACE HOY UN AÑO 6, SÁBADO
 
El Embalse de As Conchas constituye "la lámina de agua más contaminada del primer mundo", después de la de Fukushima
Los terrenos del Psiquiátrico de Toén sólo pueden albergar un psiquiátrico o "cualquier centro de tipo ...
El PSOE le indica al Concello de Toén que "deberá facer seguemento" de los terrenos del Psiquiátrico
Denuncian "maquillaxe" sanitario en Ourense que va desde las esperas hasta "esconder" los pacientes ...
Definido el modelo de remodelación de la Praza de Abastos de la Alameda, que incluye cambio ...
 
 
 
   
   
 

Por MANUEL DOPAZO