Un investimento de 300.000 euros fixo posibles as novas instalacións do Campo do Lodairo de Cea
 
San Cristovo de Cea xa dispón dunhas instalacións deportivas completamente remozadas, o que coseguíu con un investimento de 300.000 euros, dos que 240.000 achegounos a Deputación de Ourense. Algo máis de 100 deportistas dos 200 que ten federados Cea na actualidade, tomaron parte na inauguración do novo campo de fútbol do Lodairo, que conta xa con herba sintética.
 
 
 
 
 
2 de XULLO de 2012: OURENSE DIXITAL

Máis dun centenar de deportistas de todas as categorías, dende infantil ata veteranos, participou na inauguración do novo campo de fútbol do Lodairo, en San Cristovo de Cea, unhas instalacións de herba sintética incluídas no Plan Provincial de Infraestruturas Deportivas 2011, financiadas pola Deputación de Ourense con 240.000 euros e polo Concello de Cea, que aportou 60.000 euros.
No acto de inauguración o alcalde de Cea, José Luis Valladares, dixo que "hoxe é un día de ledicia para o deporte de Cea e a súa comarca, porque se fai realidade algo polo que levamos traballando moitos anos: o feito de poder ter para os nosos nenos, xóvenes e veteranos unhas instalacións de calidade para a práctica do fútbol", sinalou o veterano rexidor municipal.

Pola súa banda, o presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, lembrou que o Clube Deportivo Cea "conta con máis de 75 anos de historia, sendo un dos máis antigos da nosa provincia, o cal da boa mostra da tradición futbolística que ten este concello, algo que hoxe podemos comprobar ao ver a gran cantidade de nenos, mozos e maiores que se vestiron de curto para estrear estas instalacións".
A tradición futbolística en Cea fai que na actualidade haxa perto de douscentos deportistas federados nas diferentes categorías, aos que hai que engadir o traballo de técnicos dos equipos e directivos.

As obras de construción do campo de fútbol de herba tiveron como obxectivo acadar unhas instalacións "cómodas, seguras e de fácil acceso para todos os deportistas, con fin de posibilitar unha práctica deportiva de disfrute e lecer ao mesmo tempo", sinala a institución provincial ourensá.

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA
 
 
 
HACE HOY UN AÑO 1, VIERNES
 
Cerró el Hospital de Piñor este 30 de junio para ser convertido en Hospital Psiquiátrico según las directrices del SERGAS
Los trabajadores despidieron a Piñor sintiendo muchos que “é como si te desahuciaran”
Sólo hay solicitada licencia municipal para obras de carpintería e instalación de un plato de ducha
Tereixa Paz denuncia que no se corresponde tan poca obra con el cierre de 73 camas y el traslado de la plantilla
Rodríguez agradece a la militancia del PSOE un resultado “histórico” en la ciudad el pasado 22-M