"A pintura desde dentro e o corpo como sede da diversidade", exposición de César Taboada no Museo Municipal
 
57 obras conforman a exposición do artista ourensán César Taboada, que desde este xoves queda instalada no Museo Municipal da rúa de Lepanto desta cidade. Leva por título A pintura desde dentro e o corpo como sede da diversidade, e mostra unha deformación da realidade para plasmar unha forma puramente persoal e artística.
 
 
 
 
11 de MAIO de 2012: OURENSE DIXITAL

A Concellaría de Cultura do Concello de Ourense, a través do Museo Municipal, presaentou este xoves a exposición do ourensán César Taboada, CZAR. A exposición, inaugurada pola tarde, leva por título A pintura desde dentro e o corpo como sede da diversidade, e mostra unha deformación da realidade para plasmar unha forma puramente persoal e artística, emitindo primacía á expresión dos sentimentos máis que a decrición obxectiva do momento.

Acompañando ao autor, estiveron presentes a Técnica de Espazos Expositivos, Eva Torres, e tamén a concelleira de Cultura, Isabel Pérez, que tivo palabras de agradecemento para "todas as persoas que fan posible que o Museo Municipal teña unha programación de primeiro nivel".
A edil nacionalista, parabenizou ao artista pola súa aportación xa que "sigue contribuíndo a internacionalizar a nosa cidade, e tamén axuda a visibilizar que os artistas plásticos tamén son necesarios na cultura".
O propio César Taboada subliñou éstas teses, e mostrouse agradecido pola magnífica plataforma que representa o museo dos ourensáns para seguir a demostrar que "dentro das grandes cidades mundiais, Ourense non ten que considerarse menor no ámbito artístico e cultural". 

A exposición, está formada por un total de 57 obras repartidas nos dous andares do museo (salas I e II).
No primeiro andar expóñense 23 obras de diferentes formato. Na súa maioría formato medio, algún gran formato e soportes en círculo.
No segundo andar, hai 34 obras de tamaño medio.
A técnica xeral baséase en serigrafía e óleo sobre lenzo, e tamén óleo sobre seda.

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA
 
 
 
HACE HOY UN AÑO 11, MIÉRCOLES
 
Pachi Vázquez propone a Feijóo un gran pacto para distribuir los fondos de la Xunta a los concellos justa y objetivamente
El PP de Ourense admite que seguirá vigilando la campaña del Partido Socialista “minuto a minuto”
Isabel Pérez anuncia un carril bus en Ourense e, incluso, el metro en superficie en la ciudad
Feijóo dice en Ourense que el PP no está en los gobiernos por estar sino para gobernar
Pérez Bouza trasladó al Fiscal nueva correspondencia que sigue llegando a Prado Verdeal en Xinzo