A obra do pintor Francisco Bahón chega por primeira vez a Galicia da man do Centro Cultural da Deputación
 
No Cultural da Deputación de Ourense expón por primeira vez en Galicia o pintor Francisco Bahón. A mostra, denominada "Á segunda vai a vencida", consta de 11 pezas de medio e gran tamaño, caracterizadas todas elas "pola gran enerxía do abstracto", segundo o director do Centro, e pódese visitar xa desde este xoves.
 
 
 
 
 
11 de MAIO de 2012: OURENSE DIXITAL

A obra pictórica de Francisco Bahón chega por primeira vez a Galicia da man do Centro Cultural da Deputación de Ourense. A mostra, denominada "Á segunda vai a vencida", consta de 11 pezas de medio e gran tamaño, caracterizadas todas elas "pola gran enerxía do abstracto" como as definíu o director do Centro Cultural, Francisco González, na presentación este xoves aos medios informativos da exposición e do catálogo.
Dende esta mesma xornada a exposición queda aberta no Cultural da capital ourensán.

Francisco González dixo que Bahón "é un artista en plena madurez, que aglutina na súa obra experiencia, gran calidade, un coidado trato da cor, pero sobre todo que desborda enerxía en cada obra, destacando por riba de todo a súa coherencia pictórica e intelectual, sen facer seguidismo de ningunha tendencia".
O acto de presentación deste xoves contou tamén coa presenza do vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández, quen destacou que así como Ourense "é porta xeográfica de entrada a Galicia de infraestruturas e servizos, tamén o é hoxe para acoller a pintura deste gran mestre da cor como é Francisco Bahón".

Pola súa banda, o autor destacou que o proceso creativo "ten que pasar polas fases de devorar o que xa fixemos, dixerilo e expulsalo en forma de nova obra, así se pode evoluír e progresar na creación".
Bahón sinalou que esta exposición "consta de 5 series entre as que non existe convivencia, senón que se establece entre as obras unha dialéctica para que sexa todo o conxunto quen comunique ao espectador".

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA
 
 
 
HACE HOY UN AÑO 11, MIÉRCOLES
 
Pachi Vázquez propone a Feijóo un gran pacto para distribuir los fondos de la Xunta a los concellos justa y objetivamente
El PP de Ourense admite que seguirá vigilando la campaña del Partido Socialista “minuto a minuto”
Isabel Pérez anuncia un carril bus en Ourense e, incluso, el metro en superficie en la ciudad
Feijóo dice en Ourense que el PP no está en los gobiernos por estar sino para gobernar
Pérez Bouza trasladó al Fiscal nueva correspondencia que sigue llegando a Prado Verdeal en Xinzo