A Deputación presenta este sábado en Xinzo un "novidoso e pioneiro" sistema de recollida de lixo por GPS
 
"O lixo é un recurso que, ben xestionado, xera valor, emprego e riqueza, e promove actitudes de concienciación na poboación en defensa do medio natural", sinalou Manuel Baltar nun acto de "Compostaxe doméstica" celebrado en Pereiro de Aguiar este venres. Este sábado, a Deputación de Ourense presenta  este sábado en Xinzo de Limia un novidoso e pioneiro sistema de xestión de flotas de recollida de lixo por GPS.
 
 
 
 
 
21 de ABRIL de 2012: OURENSE DIXITAL

"O lixo é un recurso que, ben xestionado, xera valor, emprego e riqueza, e promove actitudes de concienciación na poboación en defensa do medio natural", sinalou o presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, no acto da campaña de "Compostaxe doméstica" que se celebrou no Centro de Día de Os Gozos (Pereiro de Aguiar).
No decurso do acto fíxose entrega de contedores para a recollida de materia orgánica aos veciños que completaron os obxectivos do programa de compostaxe, un programa que ten como finalidade achegar aos concellos da provincia de Ourense a información "que permita levar a cabo nas tarefas cotiás unhas prácticas correctas en materia de recollida de lixo orgánico doméstico para que as familias coñezan as vantaxes que ten unha boa compostaxe doméstica", explicou Baltar.

O presidente provincial destacou que a "sensibilización e o compromiso medioambiental son algo irrenunciable, e todos, institucións e cidadáns, temos que traballar na mesma dirección porque o futuro do noso medio natural depende de como o xestionemos agora, é o mellor legado que lle podemos deixar ás xeracións vindeiras é un medio ambiente limpo, sostible e saudable", dixo Baltar Blanco.

Nesta mesma liña de actuacións, a Deputación de Ourense presenta  este sábado en Xinzo de Limia un novidoso e pioneiro sistema de xestión de flotas de recollida de lixo por GPS, que permite o seguimento por medio de coordenadas xeográficas, e que ten como obxectivo aumentar a eficiencia do sistema de recollida de lixo.
O acto terá lugar no Parque Empresarial de Xinzo de Limia (na Planta de Transferencia do Servizo de Augas e Medio Ambiente da Deputación de Ourense), e contará coa presenza do presidente da Deputación, Manuel Baltar e o alcade de Xinzo de Limia, Antonio Pérez, entre outros.

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA
 
 
 
HACE HOY UN AÑO 21, JUEVES
 
Baltar Pumar cree que en Xinzo hay demasiados “cabreados” como para que alguno pueda ganar el
22-M
El PSOE advierte de que votar a los “cabreados” es votar al PP, y denuncia amenazas a socialistas
Ourense tendrá 9 listas, las mismas que en 2007, porque el POLI al final no se presenta
Rosendo Fernández cuestiona el “cronograma” del PSOE y dice que López Vidal es “o menos indicado”
79 conductores sancionados en Ourense en 8.800 controles por utilizar el teléfono móvil al volante
 
 
 
   
   
 

Por MANUEL DOPAZO