Dan comezo esta fin de semana as actvidades de OciOurense da Concellería de Saúde  do Concello
 
Dan comezo esté sábado as actividades deportivas de OciOurense da Concellería de Saúde. O programa propón unha alternativa para a fin de semana dos rapaces, cunha ampla oferta cultural, lúdica e formativa. Está dirixida a mozos de entre 15 e 30 anos, e as actividades desenvolveranse en espazos públicos desta cidade.
 
 
 
 
10 de MARZO de 2012: OURENSE DIXITAL

Este sábado da comezo o calendario de actividades que a Concellería de Benestar Social e Saúde propón dentro do programa OciOurense que procura actividades saudables para o tempo libre dos xóvenes.
A través desta iniciativa, o Concello de Ourense pretende reforzar a protección dos rapaces fronte ao consumo de drogas e tratar de remitir os seus danos, promovendo actividades saudables e proporcionando os mozos e mozas da cidade unha alternativa para pasar a fin de semana, á vez que se lle da continuidade á I edición.

Este sábado, 10 de marzo, ás 10.00 da mañá a Aula de Promoción da Saúde, na rúa Vasco da Poonte, no barrio das Lagoas, convertirase no punto de encontro dos participantes na ruta en bicicleta todoterreo (BBT), propón 2 horas e media de itinerario polos paseos fluviais da cidade (Miño, Barbaña e Lonia) cos que entrar en contacto coa natureza e explorar os seus rincóns.

Á mesma hora, na Asociación de Escaladores Ourensáns (rúa Antonio Puga, nº1-3 baixo), darase a primeira clase de habilidades básicas de escalada en entorno controlado (rocódromo), para que os particpantes poidan adquirir os coñecementos técnicos, materiais e medidas básicas de seguridade, para poder posteriormente saír ó medio natural.

Xa ás 11.00h, nos xardíns do bar Gadafi, en barra de Miño, é o punto de saída dos piragüístas que participan nas rutas polo río Miño propostas pola Concellería de Saúde. Neste curso de iniciación ensinaranse, ademáis dos coñecementos técnicos en piragüismo, habilidades básicas dos deportes náuticos en xeral.

Unha das novidades da oferta de actividades, con respecto á I edición, é o parkour, movemento urbano que consiste en harmonizar o movemento co entorno que nos rodea seguindo a filosofía dunha vida de axilidade. O mesmo sábado, 10 de marzo, ás 11h da mañá, daranse cita no IES Otero Pedraio (Rúa Vilar) os fans desta nova moda urbana, para pola en práctica en distintos espazos da cidade.

Para aqueles que prefiren mellorar a súa alfabetización gastronómica en lugar das propostas deportivas, daranse cita, ás 11h. no comedor do colexio Concepción Arenal (Rúa Bedoya, 22), para por en práctica as súas cualidades culinarias e melloralas e os apaixoados do baile asistirán ó curso Bailas?, que se desenvolve á mesma hora e ata ás 13h. Na Aula de Promoción da Saúde, no que un monitor marcará o ritmo para a adquisición de habilidades rítmico expresivas.

Xa pola tarde, ás 16h, a Praza Maior é o punto de partida da Andaina polas zonas termais da cidade, que ten o seu remate en Outariz. “Camiñando polo Ourense Romano”, combina sendeirismo urbano e cultural, para que coñezamos a nosa cidade e a súa cultura á vez que realizamos unha actividade saudable.

Paralelamente ó programa de ocio saudable, o 1 de marzo, no Centro Comercial Pontevella, darase continuidade a campaña iniciada no mes de novembro “Eu penso en ti”, coa exposición de cinco cubos con 20 paneles con mensaxes de sensibilización, para previr o consumo de alcol en menores.
Dentro deste programa celébrarse o xogo de rol “A invasión dos afiadores” que terá lugar, o sábado ás 19.00h. nas terrazas do Centro Comercial Pontevella, e serviráselle un cóctel sin alcol a tódolos participantes e os seus acompañantes.

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
   
  Marga Martín, concelleira de Benestar Social e Sanidade  
     
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA
 
 
 
HACE HOY UN AÑO 10, JUEVES
 
La inversión pública sigue partiendo en dos a Galicia y deja a Ourense a la cola, establece la ACO
El pozo de bombeo de O Couto, “pieza clave” del saneamiento de Ourense, a 6 meses de su terminación
El Senado aprueba que el Plan Hidrológico del Miño-Sil vete nuevos embalses de impacto ambiental negativo
El BNG sospecha que el alcalde de A Merca cobra 4.700 euros/mes en vez de los 3.611 que dijo
El candidato del PSOE de Viana do Bolo habla de reactivar el Centro Minero de Penouta