A Deputación de Ourense di que é a administración local que máis recursos adica a bolsas internacionais
 
A Deputación de Ourense é a administración local que máis recursos destina de toda España a bolsas internacionais, tanto polo orzamento como polo número de beneficiarios. Así o explicaron este xoves José Juan Cerdeira e Montserrat Rodríguez, os responsables deste proxecto de formación e prácticas para titulados universitarios que a Deputación de Ourense desenvolve para favorecer as prácticas laborais dos universitarios no estranxeiro.
 
 
 
 
 
9 de MARZO de 2012: OURENSE DIXITAL

Acompañados polo presidente provincial, Manuel Baltar, os responsables do programa de Bolsas Internacionais explicaron que a pesares da situación económica, a Deputación de Ourense “incrementa de 231.000 euros a 451.000 euros a contía destinada a este programa de axudas, o que supón o 43% do orzamento destinado en Galicia”. Isto ven a significar que máis do 40% do total de persoas que obterán unha beca na comunidade galega o farán grazas a este proxecto da Deputación de Ourense.

O pasado 2 de marzo abriuse a 1ª convocatoria do 2012, que se pechará o próximo 16 de marzo, e nos cinco primeiros días xa se presentaron 201 solicitudes e agárdase que se superen as 1.000 solicitudes.
A convocatoria de Bolsas Internacionais 2012 para titulados universitarios, enmárcase no programa europeo Leonardo da Vinci.
Na convocatoria de 2012 haberá 155 prazas (bolsas individuais), que se concederán para estancias e prácticas laborais en empresas europeas, cuxo obxectivo é apoiar aos participantes nas actividades de formación para a adquisición de coñecementos, competencias e cualificacións que complementen o seu desenvolvemento persoal e profesional.

Manuel Baltar dixo que este programa europeo de mobilidade “desenvólvese nun marco difícil pola situación económica, pero aínda así a Deputación de Ourense responde, porque o desenvolvemento de políticas que fomenten o emprego é o noso principal obxectivo, e especialmente no que atinxe á mocidade. Somos conscientes de que este é un gran esforzo que fai a Deputación de Ourense pero paga a pena, polo que significa de axudar á xuventude no súa andaina nas prácticas laborais”.
A finalidade deste programa tamén é facilitar a mobilidade dos traballadores en Europa, promovendo e desenvolvendo prácticas innovadoras e a súa transferencia entre os países participantes, fomentando así a perfeccionamento de linguas estranxeiras.

Poderán ser beneficiarios deste programa de bolsas internacionais os titulados universitarios. As prácticas poderanse realizar en empresas situadas preferentemente en cidades de Francia, Italia, Reino Unido, Irlanda do Norte e Portugal.
Os beneficiarios deberán posuír titulación universitaria ou estar en condición de obter a titulación na data que remate o prazo de presentación de solicitudes. Tamén deberán posuír coñecemento dalgunha das seguintes linguas cun nivel suficiente para desenvolver unha práctica laboral axeitada ao seu grao de formación académica: italiano, francés, portugués e/ou inglés.

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA
 
 
 
HACE HOY UN AÑO 9, MIÉRCOLES
 
El PP es la primera formación que cierra en Ourense todas sus cabezas de lista
El PP prescinde en Ourense de 11 que fueron alcaldes en esta legislatura, 7 de los cuales aún lo son
El PP prescinde de 8 pesos pesados del partido que perdieron sus alcaldías en las pasadas municipales
El PP sólo permite repetir en 2011 a 8 candidatos de 2007 que no consiguieron la alcaldía o la perdieron
El candidato del PP en Maceda sigue estando en la Deputación, Manuel Blanco por Rodríguez Carballo