O Cuarteto Hagen encabeza a cuarta tempada do ciclo de música de cámara Sen Batuta
 
Este xoves da comezo unha nova edición do Sen Batuta, o ciclo de música de cámara estable do Concello de Ourense que acada con esta a súa cuarta tempada. Non hai novidades estruturales neste novo ciclo, que mantén as charlas-coloquio do público cos músicos unha hora antes de comezar cada concerto, así como os primeiros xoves de cada mes como data de celebración dos mesmos, a excepción do caso do concerto do Cuarteto Hagen
 
 
 
 
 
5 de OUTUBRO de 2011: OURENSE DIXITAL

O paraninfo do IES Otero Pedrayo volverá acoller, un ano máis, os concertos do ciclo de música de cámara Sen Batuta que foron presentados este martes e que comezarán o vindeiro xoves, 6 de outubro.
Deste xeito, arranca a IV edición do Sen Batuta cun programa que se desenvolverá todos os xoves de aquí ao mes de xuño e no que destacan a presenza do  recoñecido Cuarteto Hagen, con 30 anos de traxectoria as súas espaldas.
O ciclo arranca cun concerto do trío de música antiga asturián Forma Antiqva, iniciándose así unha programación na que se combinan novos grupos con artistas xa coñecidos, nunha selección marcada en todo momento “pola excelencia e a calidade”, sinalou o organizador e inspirador deste ciclo, o musicólogo Cibrán Sierra.

O Ciclo de Música de Cámara Sen Batuta é unha proposta que foi calificada por a concelleira de Cultura e tenente de alcalde, Isabel Pérez, como “das máis importantes e ambiciosas” que asume este departamento municipal “e pola que continuaremos apostando pois xa é unha cita imprescindíbel da vida cultural ourensá”.
Para a edil do BNG este cuarto aniversario amosa que  se trata dun evento “sobradamente consolidado e en crecemento” co que “pretendemos dar resposta a unha demanda da propia cidadanía”, plasmada no alto índice de fidelización de público que Sen Batuta rexistra tempada tras tempada.

Cibrán Sierra sinalou que a selección feita para esta nova edición do ciclo obedece ao obxectivo inicial de Sen Batuta desde que botara a andar no ano 2008: “Democratizar a música de cámara desbotando tópicos e ofertando calidade a prezos competitivos”.
Neste sentido, repite un ano máis a súa fórmula orixinal que combina programación estable, charlas-coloquio entre artistas e público previo aos concertos e actividades didácticas e de dinamización no aula “que teñen contribuído de xeito destacado a achegar o ciclo e a súa disciplina musical aos máis novos”, lembraba duranto o acto de hoxe o propio Cibrán Sierra.
O profesor Fernando Delgado volve nesta edición ocuparse da coordinación das xa habituais unidades  didácticas coas que  se traballa cada un concertos nos diferentes centros de ensino da cidade “ e que encadran a perfección coa vontade da Concellería de Cultura de traballar tamén para os espectadores máis novos, educandoos e ofrecendolles a oportunidade de convertise no público de maña” explicou a concelleira e tenente de alcalde, Isabel Pérez.

No tocante aos artistas  que visitarán ourense ao longo da tempada, figuran nomes xa habituais de anteriores edicións como o tándem da soprano Iwona Sobotka e o pianista David Kadouch, ou ao cellista Alain Meunier, acompañado desta volta por Darío Mariño e Anna Le Bozec. Ao mesmo tempo incorpóranse esperados debuts na cidade como do London Haydn String Quartet, autoridade na intepretación historicista do clasicismo vienés e novos valores como Cuartette Anquilon ou os propios Forma Antiqva, encargados de inaugurar o ciclo o xoves día 6 de outubro. Confórmase así un repertorio equilibrado e de contrastes marcado pola máxima actualidade dos circuítos camerísticos internacionais que se pechará coa actuación do aplaudido Cuarteto Hagen.

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
  Noticias Relacionadas  
  O Sen Batuta xa ten relevo, ao presentarse este xoves a Cuarta Edición deste Ciclo de Música de Cámara  
     
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA
 
 
 
HACE HOY UN AÑO 5, MARTES
 
Rodríguez pide un mandato más para completar la transformación de Ourense, ...
El BNG acusa a Madrid de jugar al despiste con Ourense en los Presupuestos Generales de 2011
El PSOE denuncia ahora que los cuatro ediles del Gobierno de Maceda no pagan la contribución
La Xunta invierte 2 millones de euros en cuatro carreteras de la comarca de O Ribeiro
El fuego quemó este pasado fin de semana en Ourense 180 hectáreas de monte, 40 de ellas arboladas