Concellería de Cultura e NovaCaixaGalicia presentaron a programación cultural deste outono
 
O asinar o Concello de Ourense e NovaCaixaGalicia un novo convenio de colaboración no eido cultural para unha nova tempada de actividades, a concelleira de Cultura, Isabel Pérez, fixo un alegado a prol da cultura aínda nos tempos de crise e estreiteces económicas que corren. "Eu ataco desde aquí aos  que solamente falan de reinvindicacións económicas sen nomear xamais as reinvidicacións culturais, que é o que os pobos piden a berros”, dixo a concelleira despois de citar a García Lorca
 
 
 
 
 
22 de SETEMBRO de 2011: OURENSE DIXITAL

A Tenente Alcalde e Concelleira de Cultura de Ourense, Isabel Pérez, e o director de Obra Social de NovaCaixaGalicia, asinaron este mércores o convenio de colaboración no que se recollen os espectáculos e actividades que acollerá o Auditorio Municipal nos vindeiros meses.
O catálogo para esta nova tempada de outono aunará as artes escénicas e musicais con dúas exposicións fotográficas, incorporando ademais un capítulo especial adicado á programación infantil.
Así, entre os meses de setembro e decembro visitarán a cidade o Ballet Nacional de Cuba, o espectáculo The Late Show's Gospel Choir ou a soprano Ángeles Blancas, entre outros.

No acto de sinatura do convenio, a concelleira nacionalista Isabel Pérez insistiu na necesidade de manter ofertas culturais de calidade ao alcance do público malia as conxunturas económicas que atravesa hoxe a sociedade. Neste sentido, referiuse ao poeta  Federico García Lorca, recitando  os versos “Eu, se tivera fame e estivera desvalido na rúa non pediría un pan, senón medio pan e un libro. Eu ataco desde aquí aos  que solamente falan de reinvindicacións económicas sen nomear xamais as reinvidicacións culturais, que é o que os pobos piden a berros”.
Deste xeito defendeu Isabel Pérez o compromiso do Concello de Ourense, a través da Concellería de Cultura, de seguir ofertando iniciativas de calidade en tempos de austeridade  e celebrou así mesmo a  pluralidade da programación proposta para os vindeiros meses.
“O Auditorio manténse así como centro da actividade cultural e expositiva da cidade, cumplindo co seu rol cos ourensáns”, remarcou a concelleira de Cultura.

Ademais da oferta expositiva e formativa que a Obra Social da caixa desenvolverá en diferentes espazos, presentaronse as actividades que terán o Auditorio Municipal como escenario.
A primeira delas está programada para o 28 de outubro, un concerto ofrecido pola soprano Ángeles Blancas cun repertorio de canciñóns e romanzas de zarzuela.
A programación musical continuará o 12 de decembro coa espectáculo The Late Show's Gospel Choir, considerado como un dos mellores coros a capella dos Estados Unidos de América.

Os amantes da danza terán a oportunidade de desfrutar, o 17 de novembro,  coa posta en escena de La Cenicienta, de Johann Straus,  a cargo do Ballet Nacional de Cuba baixo dirección de Alicia Alonso.
O mellor teatro chegará así mesmo cunha montaxe de Trasgo Producciones sobre un texto de Woody Allen Tócala otra vez Sam, protagonizada por  María Barranco e Luis Merlo. O espectáculo está programado para o 29 de novembro.

Así mesmo, os máis cativos contarán tamén cunha programación dirixida a eles. Dúas obras de teatro, Robin Hood e Pinocho y medio, desenvolveránse no Auditorio ao longo de novembro e decembro.
As entradas para todos os espectáculos estarán a venda a partir do 22 de setembro.

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
   
  Isabel Pérez  
     
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA
 
 
 
HACE HOY UN AÑO 22, MIÉRCOLES
 
ADEGA se propone elaborar un mapa de los incendios forestales de este verano en Ourense
La Universidad Popular de Ourense oferta 70 actividades pensando en lograr este curso 1.800 alumnos
Educación dice ahora que ampliar el comedor escolar de “O Ruxidoiro” le costaría dinero a la Xunta
Los panaderos secundan la huelga general y el 29 no se despachará pan en Ourense
Los carlistas recaudan 560 euros para la recuperación de la Capilla de Os Remedios