20 mozos de toda España e Arxentina participan nesta quincena de agosto en Ourense nun campo de traballo
 
Atópanse en Ourense os 20 voluntarios que participan no campo de traballo social desta primeira quincena do mes de agosto. Son mosos de entre 18 e 24 anos que proveñen de España e da Arxentina, e que foron recibidos este martes no Consistorio desta cidade polo alcalde, Francisco Rodríguez
 
 
 
 
 
3 de AGOSTO de 2011: OURENSE DIXITAL

O alcalde de Ourense, Francisco Rodríguez, recibiu este martes no Salón de Penos do Concello aos 20 voluntarios que participarán no campo de traballo social nesta primeira quincena de agosto que se desnvolve nesta cidade.  Os mozos e mozas proveñen de toda España e tamén dende Arxentina, e as súas idades oscilan entre os 18 e os 24 anos.
Neste proxecto participa a concellería de Benestar Social do Concello de Ourense, a Dirección Xeral de Xuventude da Xunta de Galicia e a empresa Lúcete Lecer.

Mediante esta iniciativa pretendese fomentar a participación dos mozos e mozas nas actividades de servizo á comunidade mediante diversas técnicas, así como a expresión da solidariedade a través do deseño e a planificación e a posta en marcha das actividades de lecer no se a destas entidades sen ánimo de lucro.
O obxectivo é coñecer o modo de traballo destas asociacións para intervir a través da animación sociocultural como recurso dun aproveitamento racional do lecer e do tempo libre.

Esta iniciativa contempla máis aspectos que os propios do campo de traballo social, xa que os mozos e mozas terán a oportunidade de coñecer a provincia de Ourense e Galicia. Os voluntarios poderán mergullarse na cultura ourensá cunha serie de visitas organizadas. O programa inclúe visitas á Ourense, Santiago de Compostela, Baixa Limia, Serra do Xurés, Allariz e O Carballiño. Poderán ver tamén o Centro de Interpretación da natureza, actividades ó aire libre e xogos populares.
Haberá na cidade unha visita ás Termas de Outariz, do Muíño e da Chavasqueira, obradoiros de linguaxe de signos, bailes tradicionais ou ciclo de curtas, entre outras actividades.

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA
 
 
 
HACE HOY UN AÑO 3, MARTES
 
Rodríguez lidera la iniciativa institucional para la recuperación de la Capilla de Os Remedios tras el incendio
El PP pide a Subdelegación del Gobierno que intervenga en el caso de la video vigilancia de la Burga Alta
Al abrir las XOCIVIGA, Laura Seara pidió presencia equilibrada de mujeres y hombres en artes y cultura
Adjudicadas con carácter definitivo las obras de recuperación de márgenes del Sil en A Rúa
El PP elige al número 5 de la lista de 2007, Manuel Cardoso, para encabezar la de 2011 en Vilardevós
 

 

Añade OuD a tu Google