Comezou o Campo de Traballo da Xunta de Galicia en Ourense, para 20 mozos de entre 18 e 24 anos
 
Comezou este martes o Campo de Traballo da Xunta de Galicia en Ourense para 20 mozos que xa se atopan na Residencia Florentino Cuevillas desta cidade. Os voluntarios son mozas e mozas con idades comprendidas entre os 18 e os 24 anos. O campo de traballo de Ourense é de ámbito nacional, aínda que participan nel rapaces de Sudamérica que veñen a través da Secretaría Xeral de Emigración
 
 
 
 
 
3 de AGOSTO de 2011: OURENSE DIXITAL

O Delegado Territorial da Xunta de Galicia en Ourense, Rogelio Martínez, inaugurou este martes o Campo de Traballo que se desenvolverá dende este 2 de agosto ata o próximo 16 nesta cidade.
A Consellería de Traballo e Benestar, a través da Dirección Xeral de Xuventude, ofertou prazas en campos de traballo con distintas actividades que se desenvolverán en en toda Galicia. "Son actividades encamiñadas a favorecer e fomentar a convivencia, a participación, a tolerancia e a solidariedade entre a mocidade e o seu contorno, a través da colaboración desinteresada e voluntaria en traballos diversos que se levan a cabo en todas as comunidades autónomas e en distintos países", sinala a delegación Territorial da Xunta en Ourense.

Trátase de actividades culturais e etnográficas, de construcción e restauración, sociais e de carácter arqueolóxico.
No caso do Campo de Ourense, de modalidade social, os voluntarios son mozas e mozas con idades comprendidas entre os 18 e os 24 anos. O campo de traballo de Ourense é de ámbito nacional, aínda que participan nel rapaces de Sudamérica que veñen a través da Secretaría Xeral de Emigración. Hai apuntados 20 rapaces, 6 deles galegos e dos que 4 son da provincia da Coruña, 2 de Andalujcía, 2 de Cantabria, 2 de Cataluña, 2 do País Vasco e un de Navarra, ademais dos 5 de Sudamérica, concretamente da Arxentina.
Esta actividade ten lugar na Residencia Florentino Cuevillas desta cidade.

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA
 
 
 
HACE HOY UN AÑO 3, MARTES
 
Rodríguez lidera la iniciativa institucional para la recuperación de la Capilla de Os Remedios tras el incendio
El PP pide a Subdelegación del Gobierno que intervenga en el caso de la video vigilancia de la Burga Alta
Al abrir las XOCIVIGA, Laura Seara pidió presencia equilibrada de mujeres y hombres en artes y cultura
Adjudicadas con carácter definitivo las obras de recuperación de márgenes del Sil en A Rúa
El PP elige al número 5 de la lista de 2007, Manuel Cardoso, para encabezar la de 2011 en Vilardevós
 

 

Añade OuD a tu Google