Acómetese a renovación e acondicionamento do Parque Barbaña, que será preciso facer en varias fases
 
O Concello de Ourense acomete a primeira fase da remodelación do Parque Barbaña. Sinálase que é preciso facelo así, por fases. Con máis de 15 anos de historia, o parque ven sofrindo un importante desgaste provocado polo uso de milleiros de veciños desta cidade
 
 
 
 
 
29 de ABRIL de 2011: OURENSE DIXITAL

A Xunta de Goberno Local deste xoves vén de aprobar a primeira das fases que o Concello de Ourense acometerá no Parque do Barbaña con motivo da súa remodelación e acondicionamento. Na fase aprobada este xoves, a Concellería de Medio Ambiente investirá 170.000 euros, e centrarase no proxecto de remodelación da zona de xogos infantís, a que sufriu máis desgaste nos máis de 15 anos de historia do parque.

Concretamente, nesta primeira fase,  trala retirada de aparellos, xogos infantís e mobiliario urbán afectados, renovarase a superficie total das zonas infantís, que abarca 842 m2 distribuído en dúas zonas, dotándoas de novo pavimento elástico de seguridade, e reduciranse as pendentes, mellorando a accesibilidade á zona. Asimesmo, incorporaranse novas varandas para mellorar a protección da zona e a propia accesibilidade á zona infantil. Para a protección das catro árbores da zona de xogos colocaranse alcorques de fundición dúctil enrasados co novo pavimento.
Fases de actuación
En posteriores fases, nas que se investirá un total de 500.000 euros, executarase o acondicionamento e mellora das zonas verdes e sistema de rego, terá lugar unha fase de revexetación, mellora de viais e de iluminación, sinala o Concello de Ourense.

O concelleiro de Medio Ambiente, Demetrio Espinosa, xustifica a remodelación por fases como “consecuencia do tamaño e a complexidade do parque", e considera necesarias as actuacións de mellora por ser "un dous máis frecuentados de toda a cidade”. “Pola súa situación no centro da cidade, non debe pecharse, senón todo o contrario, mellorar a accesibilidade para cidadáns de tódalas idades e características”, sinalou Espinosa.

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA
 
 
 
HACE HOY UN AÑO 29, JUEVES
 
Sospechan que Sanidade quiere dejar a Eloína Núñez como gerente plenipontenciaria en Ourense
El BNG pide la dimisión del teniente de alcalde de Barbadás, Manuel García
Una veintena de iniciativas ourensanas estarán en la Feria de Ecoemprendedores de Ourense
El PP acusa al alcalde de Carballeda de Avia de recepcionar obras que no están en condiciones
La CIG también reclama la Xunta que contrate el PLADIGA por las listas propias y no por SEAGA
 

 

Añade OuD a tu Google